IES Primeiro de Marzo. Baiona
O Centro
O centro
Situación
Instalacións
 
Patrimonio
Histórico
Natural
Inmaterial
 
 
 

Patrimonio Natural

O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos

Os cultivos arbóreos.

Os cultivos arbóreos son monoespecíficos, de tres únicas especies: Eucaliptus (E) glóbulus; Pinus pinaster e Pinus radiata. Hai, espalladas, pequenas plantacións de outras especies:

  • Perto do Facho de Torroso hai algúns pés de  Piñeiro Silvestre (Pynus sylvestris).
  • Baixando dende a casa forestal de O Cano dos Mouros cara ás Pozas de Mougás hai unha mouta de Cedros do Líbano (Cedrus líbani).
  • Mais abaixo desa pista, onde pasa sobre o rio Fervenza hai unha plantación de Eucaliptus viminalis.
  • En Pedornes, no lugar de A Castiñeira, hai varios socalcos plantados de xoves (8-10 mts.) castiñeiros.
  • Pola Poza da Moura, no Alto da Gabiñeira, fican restos dunha plantación de Eucaliptus gunnii.
  • Por Viladesuso, Oia, etc., hai moutas de Acacia de madeira negra(Acacia melanoxylon).
  • No que era pista forestal e hoxe é carretera empichada que leva de Mougás ó Picadeiro "O Rancho"; e Alto da Groba, consérvase parte da plantación ornamental que a flanqueaba, de alcipreste (Cupressus sempervirens).
  • Perto do nacemento do Arroio de Salgueiriños dous vellos socalcos que se usaron de viveiro están orlados cun 30 fermosos bidueiros (Betula celtiberica). Hoxe non hai prácticamente bidos espontáneos; debeu de habelos xa que fica o topónimo "Bidual";.
  • Ó redor das vellas "casas forestais"; consérvanse árbores ornamentais; en consonancia co gusto monumentalísta da época, predominan as grandes coníferas.

Non é facil disterar pautas na distribución das repoboacións forestais e, nestas, das especies, en parte polos distintos criterios barallados polas diferentes comunidades de propietarios (por exemplo, se entre eles predominan os propietarios de gando salvaxe, etc.), en parte pola variada topografía e múltiples microclimas (tendo como de coñecemento común que o eucalipto é o mais cundidor, seguido do piñeiro de repoboación -Pinus radiata- e, logo, do piñeiro bravo –Pinus pinaster-).

  • O eucalipto chega hoxe case ata o mar (a favor das "coladas de xelifluxión";, terreo esponxoso con ben de auga).
  • O eucalipto non pasa dos 500 mts. de altitude. Mais arriba desta altura téñense plantado, a xeito de tentativa E. gunnii. O resultado non semella moi bo. Medran a modo e cun fuste pouco lanzal.
  • Hai piñeiros case ata os piricotos de A Grova-Valga.
  • Nalgures, nas zonas altas e ventosas cara ó mar, tense plantado piñeiro bravo e , a sotavento deles, eucaliptos.
  • Algunhas comunidades, por exemplo: na conca co  rio Cal, evitan plantar eucalipto onde hai nacentes de auga. Pensan que o eucalipto, non é que elimine a auga, senon que a desvía; din que as raices medran cara ás frinchas das rochas de onde abrolla a auga e que, ó medrar, túpennas e a auga busca outra ria.
  • En sitios onde semella acae-lo piñeiro, as comunidades de propietarios de zonas con cabras, ovellas ou gando "salvaxe";, evitan planta-lo piñeiro de repoboación (P. radiata), a pesares da  rendabilidade, posto que a súa copa intercepta moita luz, e a súa follasca, mala de descompoñer, abafalla a herba. O resultado é que baixo estes piñeiros non hai pasto.
  • Hoxe, os escarpes, os cantís, malos de andar para o gando, tenden a adicarse a cultivos arbóreos. Se estes se fan con criterios estrictos de rendabilidade (porque se arrenda, por exemplo, a unha empresa), varias cornixas de pistas, a uns 75 mts. de altura de intervalo, crearán un forte impacto visual.
  • Hoxe en día, cando se fai unha corta a matarrasa, tende a recuperarse o terreo coa mesma árbore que había.
  • O predominio de árbores adicadas a pasta de papel pode considerarse unha facies local de tendencia cara a "un mundo cada vez mais conexo";.
  • Visualmente hai unha lonxitude  que marca como unha escala. É a lonxiude do tablón: 2,5 mts..Os troncos córtanse en toradas desa lonxitude e , apilados pé das pistas, dan ambiente de explotación industrial ó monte; o cheiro a eucalipto ou resina (terpenos, trementina) que despiden, acentúa esa sensación.

Para evitar que os futuros tablóns teñan nós, pódanse moitas veces os piñeiros ata a altura de 2,5 mts. ( que, amais, é a altura ata onde se pode proceder con relativa facilidade);  o tablón coincide visualmente co fuste limpo.

Amais, os piñeiros tenden a plantarse a 2,5 mts. de distancia uns de outros. A sensación dunha forte "lóxica de explotación"; que se percibe nunha zona de cultivos arbóreos débese, en parte, a ese ritmo de 2,5 mts. .  

As repoboacións non son, claro, unha masa natural; se non fose unha parvada, diríase que son o antibosque.

Poderían caracterizarse, de maneira sucinta, así:

  • aÁrbores da mesma especie.
  • Árbores da mesma idade.
  • Árbores da mesma cor.
  • Árbores pouco ramosas.
  • Árbores co predominio do toro.
  • Árbores sen trepadoras (moi raramente, algunha con hedra ou silva)
  • Árbores sen epifitas vasculares.
  • Árbores equidistantes.
  • Árbores en disposicións iterativas (liñas, tresbolillo).
  • Árbores con follas con protección (ceras, etc.)
  • Árbores con follas non tenras, nen frescas, nen amplas.
  • Árbores con superficies de sección circulares (tocóns, polas podadas)
  • Árbores mortas ausentes.
  • Árbores baixo as que non hai sobosco denso, nen estratificación complexa, nen especies esciófilas.
  • Árbores heliófilas.
  • Árbores con copas en contacto.
  • Árbores con  marcas, números, letras, pontos, riscas, chascas

No franquismo o monte plantábase de árbores, e os gardas forestais vixiaban que o gando non entrase nas repoboacións. Perdéronse lugares de pasto para o gando; perdéronse as ganancias que a venda mais ou menos ocasional de años, xatos, poldros...fornecía; perdeuse a fonte de estrume para os campos...Houbo que entrar na rolda do capitalismo: comprar abono, comprar penso...

A brusca contracción de recursos forzou á emigración, ó abandono da agricultura, á despoboación (S. Cosme de Baiña ficou abandonado) e, algo mais tarde, ós incendios forestais.

Ainda hoxe xente vella lembra con xenreira ós gardas forestais mais axexantes.

A Groba-Valga era un ferver de gando. As vacas comen o gromo dos piñeiros pequenos, e a  cabra come todo nel; os cabalos non o comen, mais poden lesionalo tripándoo; os directores das repoboacións consideraron un problema prioritario conseguir que o gando non pasase ás zonas coutadas para "repoboación forestal";. Isto condicionou o método de ordenación, que se concretou en tramos permanentes formando áreas pechadas con muros de pedra; preferiuse un pequeno número de grandes superficies pechadas "para facer respetar"; segundo confesión dun dirixente nunha intervención no Congreso Forestal Español celebrado en Lourizán en 1993. Tendíanse a face-las cortas en grandes superficies para facilita-lo movemento de maquinaria e abarata-los custes. Unha e outra cousa (entre outras) déronlle unha fasquía totalitaria, masiva, á repoboación.

A "Repoboación Forestal"; foi iniciativa masiva, e deixou pegadas duradeiras por todo o monte: Casa Forestal, viveiros, moitas casetas de pedra (para trebellos , refuxio...), fitos de demarcación "MP"; ("Monte  Público", e o seu número), os primeiros depósitos para os incendios, os carteis do "ICONA"; contra o lume, os carteis de "Forestal"; (o que hai perto do alto da Groba deu o topónimo "O Cartel";)...

Ainda se conservan, (mais pola Valga) piñeiros das primeiras plantacións.

As repoboacións conforman a fasquía do antónimo da natureza na Groba-Valga,

  • aConstitúen en grande medida a mesma cobertura vexetal (e, xa que logo, responden da cor, da textura visual, da estacionalidade). Negación das fluctuacións naturais.
  • Provoca a presencia de formas rectilineas, angulosas, regulares.  Dominio; enerxía invertida.
  • Orixina bandas carentes (ou case) de vexetación (cortalumes, matarrasa). Falla de matices.
  • Introduce no monte tráfico pesado (camións, excavadoras, tractores). Transporte Perda de autosuficiencia (que se asocia á naturalidade).
  • Obriga á demarcación do monte: árbores pintadas, cercados , moxóns...O natural a certo nivel é carente de propietario.
  • Determina unha vixiancia parapolicial: axentes forestais, estacións de vixiancia; patrullas en todoterreo... mesmo con Fraga Iribarne (matador de comunistas) falouse en deixarlle a vixiancia ó exército. Represión.
  • Forza a presencia permanente de traballadores (brigadas anti-incendios, grupos de corta,...) Monos de mahón azul. Indústria.
  • Obriga á proliferación de pistas e carreteras. Por elas circula, amais, xente, lixo, auga, bestas, hidrocarburos. Penetración. Explotación.
  • Orixina unha nova distribución das masas de auga (modifícase o anterior modo de evapotranspiración, desvíanse correntes de auga cara ós depósitos, e destes non sempre sae polo rego anterior; os depósitos constitúen novos hábitats lénticos) e das canles do ciclo hidrolóxico (escorrentía modificada polas pistas, balanzo hídrico  modificado polas árbores). Mais contraste na distribución da auga.
  • Introduce intereses crematísticos na vida das comunidades. Os directivos das comunidades son, en moitos casos, políticos locais, ou fillos seus, parentes, ou residentes con estudios universitarios ou influencia. Noutros casos, trátase de evita-la entrada de novos comuneiros nas comunidades de montes. Exclusividade.

Pistas, carreteras, plásticos e hidrocarburos, excavadoras, tractores, grúas , motoserras, motos, ciclomotores e autos dos traballadores, vehículos de vixiancia e extinción de incendios, emisoras de radio (edificios, antenas), depósitos de auga, cantinas para os traballadores no monte, xente de uniforme, xente de "buzo";, liñas rectas, ángulos, remate neto das formacións vexetais, monotonía específica nas árbores, monotonía nas formas, fitos de pedra, carteis, marcas nas árbores, zonas peladas, cortalumes, montes de restroballo, pilas de cilindros de madeira, casetas e viveiros abandonados...

Represión, biouniformidade, tensión, desartellamento, contaminación, erosión, ambiente industrial, introducción de intereses extracomunitarios na xestión dos montes....Non natura. Cultura. Da mala.


O Poni Galego e o gando ceibo A costa Schistostega pennata A Cova da Moura A Corte das Ovellas Cultivos arbóreos