Benvid@s
Esta
é a páxina da biblioteca do Ceip Condesa de
Fenosa do Barco de
Valdeorras.
Chamámoslle á nosa biblioteca escolar co nome dun grande poeta e esgrevio persoeiro de moi preto de eiquí, de Córgomo, que se chamaba Florencio Delgado Gurriarán.
Na Biblioteca queremos animar a tod@s a ler; polo placer de disfrutar dos mundos imposibles e necesarios que nos ofrecen os libros e pola apaixoante procura do saber.
Na Biblioteca podemos desfrutar das aventuras de teimudo Asterix ou aprender a cociñar; coñecer animais que viven nas profundas buracas do mar ou descubrir o segredo que impulsa aos avións; Sorprendernos das marabillas que agochaban as pirámides de exipto ou planear unha expedición ás montañas do Tibet...
Por eso queremos abrir estoutra biblioteca virtual, para facilitar aínda máis o noso achegamento ao mundo dos libros, para que compartamos experiencias de lecturas, para que alguén nos conte un conto, para orientarnos nas nosas navegacións pola rede..
Andamos á procura de mellorar cada día. Por iso solicitamos o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), que nos foi concedido no curso 2007-2008.
Se nos queres mandar algunha suxestión para mellorar a páxina, preme na caixa de correos.