proxectos da biblioteca

Paisaxes de valdeorras na biblioteca

Este ano andamos na biblioteca a enredar nun Proxecto Documental sobre a paisaxe. A  idea do tema vén do comité Ambiental do Centro e responde ao tema que se propuxo na reunión da Axenda 21 Escolar de Galicia do pasado ano. Para axudar á elaboración do traballo, tentando corrixir algúns dos erros que detectamos no proxecto anterior elaboramos unha páxina na que recollemos o esquema da nosa investigación, as normas para a súa elaboración e un par de páxinas de recursos (bibliográficos e web) que poderemos consultar. Non se trata de coutar iniciativas, senón de dar un punto de partida igual para tod@s.

Preme na imaxe de Trevinca, e terás acceso a este novo recurso.

Pena Trevinca


Valentin Paz Andrade: Poeta e ensaísta

No ano 2012 a Real Academia Galega decidiu que se honraxe a memoria de Valentín Paz Andrade, poeta e ensaísta, a máis de home de empresa. 

Paz Andrade, significado loitador pola autonomía, tanto na república como na restauración democrática, é un claro exemplo de home comprometido co país e coa lingua, defensor , na súa condición de avogado, de moitos perseguidos polo rexime franquista, el mesmo tivo que afrontar a cadea e o desterro polas súas actividades.

Técnico da FAO e especialista en pesca, impulsou a modernización da pesca en Galicia ao poñer en marcha o proxecto Pescanova canda José Fernández.

Aportamos este Libro Interactivo para sabermos un pouco máis da súa figura e da súa obra.

debuxo de Valentín Paz Andrade realizado por Castelao



LOIS PEREIRO: POETA DA MODERNIDADE

Outro ano  máis andamos ás voltas coas Letras Galegas. Este ano adicáronselle ao poeta monfortino Lois Pereiro. Adentrarse na súa obra non é doado, poeta da dor e a enfermidade, con moitas referencias ás literaturas centroeuropeas, pero aínda así imos tentar coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra. 

Con este LIM aproximarémonos ao seu coñecemento. Preme na foto para acceder ao programa.

Lois Pereiro


Uxío Novoneyra: poeta do courel

 Veleiquí unha pequena contribución a un mellor coñecemento de Uxío Novoneyra, poeta a quen se lle adica o día das letras galegas deste ano 2010.
Uxío foi un ardoroso defensor da nosa lingua, un home que a cultivou con paixón de artesán, recollendo as verbas populares do seu (noso) Courel.
Realizamos un pequeno libriño Interactivo e Multimedia que vos invitamos a facer e que nos vai servir para coñecer un pouco mellor a traxectoria vital do poeta, a súa bibliografía, algúns exemplos poéticos os seus documentos gráficos....
Preme na imaxe para acceder.

Uxío Novoneyra no Courel



Titoriais para  un uso máis efectivo da rede


Queremos  agora comezar unha serie de entregas de titoriais nos que imos tentar aprender a facer un uso máis efectivo da rede nas nosas consultas. Empezaremos coa Wikipedia e logo pasaremos a estudar algúns trucos que podemos aprender para mellorar os resultados das nosas procuras en google.


que é a Wikipedia? titorial uso google

Formación de usuarios


Pensamos que o único xeito de  que os nenos e as nenas do colexio utilicen ben a Biblioteca é usándoa, e facéndoo dun xeito consciente, como bos usuarios dela.
Para iso decidimos elaborar un programa de exercicios para saber que é a biblioteca, como habemos de comportarnos nela, como se ordean os libros e moitas cousas máis. Preme eiquí se queres realizar estes exercicios.
formación usuarios 1 formación usuarios 2 formación usuarios 3


WebQuests, e Procuras do tesouro


Andamos os do equipo de Bibliotecas argallando algunhas actividades de procura documental que nos permitan ir medianamente preparados ás visitas que fagamos para coñecer o noso contorno.
Tamén preparamos uns materiais para investigar sobre varios temas: A orixe do libro e da escrita, os grandes astrónomos e Darwin e a evolución.
Aquí abaixo tedes os enlaces para acceder a estes traballos.


Astronomía Darwin e a evolución
o pan e os cereais As uvas e o viño
Historia do libro e da escritura Biblioteca: unha procura do tesouro
Os bombeiros instrumento popular africano
Lim sobre os albendares o supermercado
correos Mozart
Os contos clásicos

O Barquiño de Papel

O Barquiño de papel é o nome do boletín da nosa Biblioteca. Edítase en papel, cunha periodicidade non moi exacta,  e aproveitamos tamén para facer unha edición dixital da mesma.  Preme nas cabeceiras situadas abaixo, e poderás ler os distintos números da revista xa publicados.

outono 05 xaneiro 06 maio 06 maio 07 outono 07
nadal 07 maio 08 nadal 08 xaneiro 09 outono 09
Barquiño nadal 09 Barquiño xaneiro-febreiro 2010 barquinho outono 2010 olimpiada barquiño abril 2011
barquiño nadal 2011
    

As fotos dos avós

Hai algúns anos fixemos un traballo de recollida de fotografías antigas,  e o resultado foi tan bo, atopáronse fotografías tan preciosas, que non puidemos resistir a tentación de facermos unha exposición con elas. 

A toda a comunidade educativa encantoulle a iniciativa, e dado que había tanta xente que quería unha copia de tal ou cal foto, decidimos poñelas a disposición de tod@s na rede. 

Premede na fotografía que acompaña esta entrada e... velaí as tedes!

Alumnas da escola de Veigamuíños

gastronomía do magosto

Tamén recollimos unha presadiña de receitas que captan os sabores do outono de Valdeorras. A castaña está presente na meirande parte das receitas aportadas polas familias do alumnado, que quixeron, deste xeito, partillar coa comunidade educativa, eses pratos tradicionais, transmitidos no seo das familias deica hoxe.

Entrade nas RECEITAS DO MAGOSTO, e desfrutade!