Saltar navegación

A Castaña

Actividade de lectura

A castaña é un froito seco propio do outono que se obtén do castiñeiro. Está metida dentro dunha cápsula e cuberta duns picos largos chamados ourizos.Tipos de castañas

A parte que se come da castaña é de cor branco e de sabor agradable e doce.

Algunhas cápsulas teñen unha soa castaña e outras dúas ou ata tres.

O tipo de castaña que se consume é o da castaña común, pero tamén hai outras comestibles como a castaña americana, a china ou xaponesa.

No mercado pódense encontrar castañas frescas, peladas, asadas, ao baleiro, en botes ou conxeladas.

As primeiras castañas frescas aparecen no mercado en outono ata finais de decembro. Á hora de mercar castañas teremos en conta o estado da pel que ten que estar brillante.

En moitas zonas de España é tradicional durante os meses de inverno a venta de castañas asadas. Polo xeral véndense en cucuruchos de xornais, servindo tamén para quentar as mans.

Non deben confundirse as castañas desta árbore co froito do castiñeiro de indias, as castañas loucas, que non son comestibles por ser moi amargas.

Historia

As castañas foron unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, en Asia e en América. Na Idade Media, no sur de Europa os lugares que vivían cerca dos castiñeiros e que tiñan poucos cereais, empregaban a castaña como fonte principal de carbohidratos. A castaña doce foi introducida en Europa desde Sardes, en Asia Menor. Foi un elemento básico no sur de Europa e sobre todo nas zonas montañosas do Mediterráneo.

A conservación da castañas

Unha vez recollidas dos soutos e xa no fogar, a castaña débese conservar nun sitio fresco, seco e lonxe dos insectos. Se están peladas ou cocidas pódense conservar nas neveiras uns días. Tamén se poden conxelar, tanto en cru como cocidas e así mantéñense durante aproximadamente 6 meses.

As castañas frescas hai que as estender en cestas e nunca se deben meter en bolsas de plástico xa que acabarían apodrecendo.

As castañas na cociña

Sóense consumir asadas ou cocidas. Empréganse en moitas receitas, enteiras ou en purés como a guarnición para as carnes de caza, ou en repostería como son as castañas cocidas con anís. Nalgunhas zonas as castañas son destinadas para a alimentación do gando.

As castañas pódense comer crúas, fervidas ou asadas. Unha maneira moi fácil de asalas é facéndolle un corte e quentalas nunha tixola durante 10 ou 15 minutos.

As castañas empréganse tamén en moitas receitas de cociña, en repostería, acompañando a carnes etc.

A partir das castañas, obtéñense produtos derivados como son a fariña de castaña, crema de castañas e especialmente o marrón-glacé ou castañas glaseadas.

A fariña de castañas resulta de moer castañas peladas, empregándose so ou mesturada con fariña de outros cereais.

Constitúe a materia prima do pan de castañas, un produto moi doce que pode conservarse fresco durante varios días.

O marrón-glacé consiste en pelar as castañas, confitalas e glasealas con almibre A castaña constituíu unha importante fonte de enerxía tanto para o home, como para os animais domésticos, xa que se empregou para a súa alimentación, sendo ricas en graxas, proteínas, minerais e vitamina C.

Onde non se deben meter nunca as castañas?

Test SCORM

Pregunta

Que son as castañas?

Respostas

Unha hortaliza

Un froito seco

Unha froita

Unha leguminosa

Pregunta

Que lle hai que facer ás castañas para asalas?

Respostas

Metelas en auga

Pelalas

Darlles un corte

Glasealas

Habilitar JavaScript