O Castiñeiro
Que é un castiñeiro?
O castiñeiro común, europeo ou bravo (Castanea sativa) é unha árbore caducifolia da familia Fagacea apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestibles: as castañas.
As follas son alternas, estreitas, con beira moi dentada, peludas no envés. Cando son novas miden entre 10 e 25 cm. E teñen uns 20 pares de nervios.
As flores reciben o nome de candeas. As masculinas distribúense ao longo dun eixo e as femininas (con 7 a 9 estilos) na base do amento, xeralmente en tríos dentro dunha roseta de espiñas.
O Castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e femininas.
A fecundación das femininas polo pole das masculinas dá orixe aos ourizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as abellas moito pole e néctar para facer mel.
Polas datas en que abrollan os castiñeiros, estes divídense en: moi temperás, temperás, media, serodios e moi serodios, transcorrendo normalmente dende mediados de marzo e mediados de maio.
As datas exactas de inicio do abrollo varían segundo as condicións climáticas do ano.
Investiga o que é iso do "estilo" das flores femininas do castiñeiro.
Historia do Castiñeiro
Historia
Orixinario do sueste europeo e Asia Menor, é, dende a antigüidade, moi común nos montes de Galicia. A súa forte aclimatación ás terras e condicións galegas poden facer pensar que é unha especie autóctona, pero en realidade o seu espallamento data da época romana. Algúns historiadores sinalaron que a chegada dos castiñeiros á península Ibérica hai que agradecerlla á afección dos romanos por este froito que levounos a estender esta especie por todo o Imperio.
En realidade semella que o castiñeiro xa estaba presente antes da época romana en estado silvestre ao longo da zona atlántica, dende o nivel do mar ata os 1 000 metros de altitude, pero a súa domesticación e a difusión do seu cultivo chegaron co dominio dos romanos. Logo, máis tarde, serían os monxes durante a Idade Media os que fomentarían o seu cultivo e o emprego, tanto do seu froito coma da súa madeira.
O castiñeiro do país explotouse durante séculos polo seu froito, a castaña, que era unha das fontes básicas da alimentación da poboación do norte peninsular, ata que o seu consumo foi substituído polo millo e a pataca, chegados de América.
Nos derradeiros séculos, o espazo ocupado polos castiñeiros sufriou unha importante regresión, debido por un lado ao declive do emprego da castaña coma base da alimentación e ao abandono dos soutos, e, por outra banda, á aparición no século pasado da enfermidade da tinta causada por un fungo que devastou grandes áreas de castiñeiros, sobre todo nas zonas costeiras. En épocas máis recentes,tamén apareceu outra enfermidade, o chancro, que non fixo máis que agravar a situación.
A quen debemos a difusión do cultivo do castiñeiro, na época antiga e na medieval?
Cultivo e coidados
Entre novembro e finais de febreiro chega a época idónea para a plantación dos castiñeiros. As recomendacións a ter en conta para dita plantación son: a elección do lugar adecuado, a preparación do terreo, a plantación, os primeiros coidados e as podas.
O castiñeiro crece ben en lugares con boa humidade ambiental, polo que require de boas condicións húmidas do chan pero sen chegar a encharcar.
En canto a súa situación, agás que é unha árbore que vive desde o nivel do mar ata que entra en contacto coas coníferas da alta montaña, a súa óptima situación é entre os 500 e os 1200 metros de altitude.
No norte de Galicia os soutos acostuman a non superar os 600 metros de altitude pola falta de calor, pero no sueste de Ourense poden chegar aos 1100 metros. En xeral, aconséllase evitar a exposición do castiñeiro hacia a sur pola excesiva insolación que recibiría a árbore. O castiñeiro é unha especie de media sombra.
A pesar de ser resistente ao frío, dánao as xeadas tardegas do principio da primavera, e tamén require de auga nos meses de máxima actividade vexetativa para obter unha boa colleita nos meses de outubro e novembro.
Os castaños son árbores moi resistentes que non precisan demasiados coidados, sen embargo comprobouse que o labrado da terra incrementa a súa produción. Incluso pódese realizar o cultivo mixto utilizando o espazo entre árbores para plantar cereais.
Os castaños deben podarse cando son xoves para eliminar as ramas inferiores e librar o tronco das mesmas. Desta poda de formación, configúrase e modélase para dar a forma redondeada do mesmo e evitar que medren de xeito irregular, o que adoita suceder ás especies ventureiras.
Elaborada a forma, cando a árbore é xa adulta, as podas eliminarán aquelas polas vellas ou mortas en verán. Unha poda de rexuvenecemento realizada en inverno pode axudar a aumentar a produción.
O castaño é unha planta que necesita moita auga durante a época vexetativa polo que só se pode plantar naqueles lugares que manteñen unha boa humidade tanto ambiental como do terreo durante o verán. Agora ben, as choivas moi abundantes, que queden retidas no terreo non conveñen porque producen numerosas enfermidades fúnxicas.
Non poden plantarse en lugares onde reciban un mínimo de 700 ml. De precipitación anual, sendo necesario que un cuarto da mesma se produza durante o verán.
Completa as palabras que faltan
Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.
Distribución dos Castiñeiros
Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. No Castelo de Soutomaior en Pontevedra podemos atopar exemplares posiblemente milenarios.
A formación de orixe humana de castiñeiros para o aproveitamento de madeira e leña coñécese coma souto, é moi común nas provincias do interior. Moitas veces atopamos os castiñeiros bravos en carballeiras e fragas.
En Galicia, o castiñeiro domesticouse dende tempos remotos mediante a selección e a propagación de variedades de castañas de boa calidade, ou que presentaban unha boa combinación para a obtención de froito e madeira. O castañal domesticado ou souto é o que predomina na nosa comunidade, a pesares de que nas últimas décadas os soutos fóronse abandonando en gran parte do territorio.
Debido a esta domesticación, a imaxe tradicional do castiñeiro en Galicia é máis de árbore froiteira que de árbore forestal. A isto hai que engadirlle que os castiñeiros atópanse fundamentalmente en parcelas de tamaño reducido, polo que a introdución da madeira de castiñeiro no mercado quedase reducido a usos familiares.
O castiñeiro silvestre aparece fundamentalmente como monte alto, mesturado con carballos e bidueiros nas fragas.
Nos últimos tempos, produciuse un incremento da poboación de castiñeiros adicados á obtención de froito e de madeira por rexeneración natural debido a diminución do pastoreo, e polas subvencións á forestación que concede a Xunta de Galicia con fondos da Unión Europea.
En Galicia, o castiñeiro está presente nas catro provincias, sendo máis abundante na parte oriental. Na nosa Comunidade dánse unhas condicións climáticas bastante favorables para o crecemento do castiñeiro xa que moitas zonas presentan un clima temperado-húmido con matices mediterráneos e chans profundos, derivados de rochas maioritariamente ácidas.
O ámbito xeográfico da Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia” abarca o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitado ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral, cara o norte.
Así, dende o punto de vista administrativo, a zona de cultivo do castiñeiro en Galicia abarca:
-
Na provincia da Coruña: Comarca de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto.
-
Na provincia de Lugo: toda provincia agás os municipios da Mariña.
-
A totalidade dos municipios da provincia de Ourense.
-
Na provincia de Pontevedra: as comarcas de Tabeirós-Terra dos Montes e do Deza, os municipios de Cotobade, a Lama e Campo Lameiro, así coma o municipio de Cuntis na Comarca de Caldas.
Esta demarcación da área de produción responde a unas condicións climatolóxicas e do chan óptimas para o cultivo dunha castaña galega de calidade.
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Elixe a resposta correcta:
Retroalimentación
Falso
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
As ameazas dos castiñeiros
Os castiñeiros vense afectados principalmente por dous tipos de enfermidades:
O chancro:
É un fungo que penetra na árbore aproveitando feridas de diferente natureza (poda, regañas, cicatrices …).
O síntoma máis característico consiste na presenza de chancros sobre o tronco e ramas, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a morte dos brotes e ramas, podéndose observar nas árbores afectadas puntas secas emerxendo dos pes frondosos.
Tinta do castiñeiro:
Este fungo provoca un ennegrecemento e posterior podremia das raíces absorbentes conferindo unha coloración negro-azulada nas zoas afectadas.
Os síntomas na parte aérea son pouco claros e poden confundirse cos causados por unha deficiencia nutricional. Se as plantas están moi afectadas, a podremia pode alcanzar o pescozo da raíz fendéndose a codia na base do tronco e desprendendo con facilidade, véndose no exterior unha sustancia gomosa de cor.
Control destas enfermidades:
-
Evitar o exceso de auga e ter unha boa drenaxe.
-
Manter as plantas ben equilibradas nutricionalmente.
-
Destruír as plantas afectadas e evitar o movemento de chan afectado.
A que non o sabías?
O Castiñeiro de Pumbariños
A situación desta árbore monumental entre outros castiñeiros de grandes dimensións no souto de Rozabales serve, se cadra, para tomar conciencia das súas impresionantes dimensións, xa que poucos castiñeiros na xeografía española se poden comparar con este nobre e sobresaínte exemplar.
O seu perímetro basal supera os 13 metros e conserva o tronco íntegro, nacendo a 1,90 m. de altura dous potentes brazos de 7,25 e 6,15 m. De corda, os cales se ramifican para formar unha ampla copa de case 20 m. de diámetro.
As continuas amputacións e as prácticas culturais ás que foi sometido no pasado xunto coa súa avanzada idade fai que o seu estado sanitario amose deficiencias.
É un dos castiñeiros máis famosos de Galicia, e o souto de Rozabales, propiedade da Xunta de Galicia, foi declarado monumento Natural polo goberno galego.
Nome común: Castiñeiro de Pumbariños
Nome científico: Castanea sativa Mill
Provincia: Ourense
Concello: Manzaneda
Parroquia: Rozabales
Lugar: Souto de Rozabales
Altura: 16.60 m
Perímetro normal: 12,15 m
Diámetro da copa:18,85 m
Idade estimada: máis de 500 anos.