O Magosto
Celebración do magosto
O Magosto é unha festa popular que se celebra despois da recollida da froita, durante osmeses de novembro e moitas rexións o día de todos os Santos (1 de novembro)
En novembro celébrase o Magosto. Os celtas daban grazas polas colleitas e rezaban aos seus deuses na celebración do Samahain, o que representaba o comezo do inverno e o final do verán.
A festa do magosto celebrase en moitos lugares de España. Ten dous elementos básicos : a castaña e o lume, pero hai outros elementos que tamén forman parte da festa : os chourizos asados, o viño, os xogos etc.
Nesta festa a castaña e o lume únense para celebrar a chegada do outono.
En Galicia celebrase entre os días un e once de novembro, porque nesta época empezan a caer as castañas das árbores.
O día do magosto, a xente sobe ó monte en grupo e fai fogueiras para asar as castañas. No meu cole tamén celebramos o magosto no patio do colexio comendo castañas e asando chourizos.
Como facer o Magosto
Materiais.
-
Castañas
-
leña
-
Forcada
-
Viño, Cocacola, limonada
-
Carretillo
-
Conos para botar as castañas
Instrucións:
-
Hai que facer o lume
-
Con un coitelo faise un corte á castaña. Nun bombo métense as castañas e se asan dando voltas
-
No carretillo póñense xornais por abaixo e bótanse as castañas
Xogos
Saltar o lume
Pintarnos con carbón
Bailar a muiñeira
No podo rematar este traballo, sen esquecerme da festa que se celebra en Riós desde hai 11 anos : é a chamada festa da castaña e do cogomelo, produtos típicos deste pobo.
Durante dous días do primeiro fin de semana de novembro, celébranse actividades de tipo cultural e gastronómico, con charlas sobre os castiñeiros, concurso gastronómico da castaña e da seta, exposición de produtos artesáns da zona, carne ecolóxica, volta ciclista, etc.
A festa remata cunha comida popular, que o concello organiza con estes dous produtos, contando cada ano con mais asistencia de xente.