Refráns da Castaña
Le estes refráns... Sabes ti outro?
A auga de agosto,
nen bo viño
nen bo magosto.
(Recollida por Lucía García en O Barco)
Castañas no Nadal
saben ben e parten mal.
(Recollida por Brais en O Barco)
A castaña no ourizo
eu ben sei como ela fai,
dende que pinta madurece
e dende que madurece cae.
(Recollida por Saúl en O Barco)

Castañiñas a roer,
piolliños a nacer.
(Recollida por
No outono
veñen as castañas
que nós comeremos
con moitas ganas.
(Recollido por Luz en O Barco)
As castañas queren
en Agosto arder
e en Setembro beber.
(Recollido por Valentina en O Robledo)
Con castañas
e viño novo
xa non morre o pobo.
(Recollido por Sergio García en O Barco)
En Decembro
vanse as canas
e ásanse as castañas.
(Recollido por Yisela en O Barco)
Castaña que cae no camiño
deixa ao amo e vense comigo.
(Recollido por Manuel Chimeno en O Barco)
Castañas, noces e viño
son a ledicia de San Martiño.
(Recollido por Lucía A. en O Barco)
Polo magosto
castañas e mosto.
(Recollido por Brais en Sobradelo)