Saltar navegación

Adiviñas da Castaña

Isto vai de adiviñas!

Alto piquete,

Manuel Cabalete,

por dar una risada

perdeu o que levaba.

(Recollida en Biobra por Daira)



Unha cousa que vive na devesa

e vaille picar o cú á artesa.

(Recollida por Julia Calvo en Casaio)



Redondiña e moreniña,

un pouco aplastada.

Pódese comer crúa,

cocida ou asada.

(Recollida por Miguel en Entoma)


debuxo castiñeiro

Son pequeña

e a miña cor é marrón,

cando chega o outono

métenme no fogón.

(Recollida por Brais en Sobradelo)



Cal é a cousa, cal é ela

que ten tres capas de inverno:

a primeira mete medo,

a segunda é lustrosa

e a terceira amargosa.

(Recollida por Alexia en O Barco)



Alta me vexo

no meu capelexo,

véxote vir

e non podo fuxir.

(Recollida por Lucía García en OBarco)

debuxo castiñeiro

Son de cor chocolate,

ábrese coa calor

e se as botas ao lume

estoupan con gran sabor.

(Recollida por Lorena en O Barco)



Ten pelexo coma a xente.

É moi boa para comer.

Chega polo mes de Santos

e todo o ano a tés.

(Recollida por Rebeca en O Barco)



Se nos poñen no lume,

sempre explotamos despois.

Cómennos no inverno

e veñen ao campo a collernos.