Saltar navegación

O Castiñeiro e a Castaña

DinosabioDurante este curso (2016-2017) no Ceip Plurilingüe Condesa de Fenosa estivemos traballando sobre o mundo da Castaña.

O Barco, aínda que é máis famoso polo viño, ten os seus montes inzados de soutos, e a castaña é un produto de moita importancia para a economía da nosa comarca.

No colexio unha das festas máis queridas é o Magosto, onde todos o pasamos de marabilla, así que por que non investigar sobre esta festa, sobre a árbore e o seu produto, sobre as súsa pegadas na literatura popular (refráns, adiviñas, cantigas...) e sobre as larpeiradas que podemos facer coas castañas na cociña.

Así que nos puxemos a traballar, e o resultado das nosas investigacións é o que tedes aquí.

Desfrutade e aprendede con el.