Saltar navegación

Receitas da Castaña

 

A castaña úsase en fresco, asada e cocida e tamén serve de base para a repostería, para os xeados... e si nos metemos no grupo dos celíacos hai que decir que que a fariña de castaña é das poucas que hai que, sin facerlle nada, non ten gluten.

Para rematar recordar algúns dos platos que se poden preparar con boas castañas como:

castañas asadas, castañas con leite, puré de castañas, compota de castañas, marmelada, caldo de castañas, castañas con chourizos, grelos con castañas e chourizos, costelas de porco con castañas, polo en salsa de castañas, xabaril con castañas, perdices a crema de castañas, coello con castañas, doce de castañas con chocolate, torta de castañas, pastel de castañas, rosca de castañas, mousse de castañas, crema de castañas, etc.

Receta Tarta de queixo e castaña

Ingredientes:

300 gm de castaña asada

300 gm de leite

140 gm de azucre

unha migalla de sal

Extracto de vainilla

300 de queixo Philadelphia

4 ovos

Preparación

Empeza preparando a crema de castañas, poñendo nun cazo as castañas, o leite, 120 gm de azucre, o sal e a vainilla. Levar á fervura e despois baixar o lume para deixar cocer uns 5 a 10 minutos. Unha vez que perdeu temperatura, pon no vaso do batedor e bota o queixo e os ovos (cáscaos nunha cunca e pásaos de un en un á preparación) e o resto do azucre. Tritura ata obter unha masa cremosa e densa. Prepara un molde untando con manteiga e bota unha pouca de fariña. Verque a masa e tapa e deixa repousar no frigorífico para que desaparezan as burbullas. Mentres tanto, quece o forno a 175ºC con calor arriba e abaixo.

Enforna a torta de castaña e queixo durante 50 minutos aproximadamente. Comproba cun pao cando callou para retirar do forno. Deixar arrefriar antes de desmoldear e decorar cun pouco de cacao en po e azucre glass.

receita infantil