Durante o curso escolar 2015-2016 o colexio está a desenvolver a súa programación de actividades dentro da pertenencia do colexio á Rede Europea de Educación do Consumidor (Galicons.net), enmarcada nos Plans Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Este curso comenzamos un novo proxecto que ten por título "Xoguetes e xénero". No marco deste proxecto realizamos actividades sobre diferentes aspectos de consumo sostible:
- recollida selectiva de lixo en todas as aulas do colexio.
- busqueda de información e preparación do documento "As seis R". Podédelo ver premendo EIQUI.
- Aqui podemos ler un artigo moi bo sobre consumno responsable e mercas de Nadal.
- obradoiros sobre os perigos de internet e a utilización das aplicacións de mensaxería e de móbil.
- realización da actividades "III Mercadiño Solidario Xoguetes que alimentan"; a través da cal se traballou o tema do xénero nos xoguetes e se finalizou cun mercadiño dos mesmos, no que se intercambiaban éstes por alimentos, que logo foron entregados aoa Servizos Sociais do Concello de Poio.
- Recortable sobre o xogo igualitario e non violento.
- Aqui podedes descargar o folleto sobre xogo igualitario e non violento distribuído pola ANPAs en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
- Revalorizar, Reestructurar, Reducir, Reutilizar, Reciclar e Redistribuir.
- obradoiros de publicidade. O aprendido o utilizamos para facer a publicidade da nosa cooperativa Artesans S.C. e todos os folletos informativos do curso (distribución de froita, merca con cabeza, fogares sostibles, entroido, nadal, etc)..
- mantemento do punto limpo do centro, tanto interior coma exterior.
- participación en Consumópolis 12. Premendo EIQUI podedes ver o resultado.
- obradoiros de cociña nos que se traballa a alimentación equilibrada. Premendo EIQUI podedes velos.
- promoción do consumo de froita entre o alumnado. Podedes ver EIQUI un video que se preparó a través das actividades TIC do 3º ciclo no curso pasado. Tamén podedes ver as actividades realizadas neste curso.
- campaña informativa "Merca con cabeza"
- campaña informativa de aforro de auga e enerxía eléctrica. Consumo sostible. Premer EIQUI para ver o folleto sobre "fogares sostibles" que realizamos e entregamos a toda a comunidade escolar.
- vinculación do entroido do centro coas actividades de consumo do tempo de lecer, fomentando a lectura.
- boletíns informativos sobre consumo responsablee promoción da igualdade entre ambos sexos.
- Artigo moi interesante "Peggy Levitt : Os nenos, nenas non nacen con prexuízos apréndenos."
- desenvolver actitudes cara a unha vida sen desigualdades.
- Creación de actividades dixitais para a educación do consumidor. Premendo EIQUI podedes ver todas as actividades TIC creadas; entre elas temos varias para o traballo da educación do consumidor (algunhas delas en ingles).
- Creación dunha webquest sobre consumo sostible. Premendo EIQUI podes acceder a ela.
- Enlace ao blog "Consumo e xénero" no que podemos atopar moita información sobre este tema.
- Navegación por internet en busca de páxinas que conteñan información relevante sobre educación do consumidor e consumo sostible: unha das páxinas visitada é: http://www.naos.aesan.msps.es/csym/piramide/ e tamén hai un xogo on line sobre este tema en: http://www.naos.aesan.msps.es/csym/juegos/juegoPiramide.html
No marco do plan proxecta (Galicons-net) deste curso 2017-2018 baseado na publicidade, fixemos estes consellos para aforrar auga, enerxía electrica e mercar xoguetes; esperamos que vos gusten.




Unha pequena recopilación de fotos destas actividades se poden ver premendo EIQUI.