CEIP SOBRADA
Amorín















 

Amorín Currás Sobrada Piñeiro

 DATOS DE INTERESE

Ten aproximadamente un millar de habitantes repartidos polos barrios de: A Arrotea, Baceiro, Outeiro, Carregal de Abaixo e Carregal de Arriba. A parroquia de Amorín ( San Xoán ) está situada a ambas marxes da C-550 dirección Tui-A Guarda.

 ATRACTIVOS ARQUITECTÓNICOS

  • IGREXA datada no ano 1780. Con anterioridade estaba emprazada no barrio de Baceiro. Na actualidade atópase nunha explanada arredor do atrio. Alí emerxen árbores de distintas especies. Este recinto está presidido por un fermoso cruceiro de 1900.

amorin.jpg (132052 bytes)

  • RUÍNAS DUN ANTIGO CASTELO: O castelo foi construído enteiramente  polo capitán xeneral de Galicia don Vicente Gonzaga cara o ano 1657 (s. XVII). Foi ampliado, máis tarde, cuhna obra coroada por don Luis de Poderico. Tras a  ampliación, o primitivo edificio, viuse mellorado cun recinto de dous baluartes enteiros, dous medios e tres revelÍns de revestimento exterior, todo isto co seu correspondente foso e camiño cuberto. Así mesmo, construíuse unha plataforma de artillería cara ó río. Este castelo tiña varias dependencias interiores, como: a casa do Gobernador, cuarteles e corpos de garda. Trátase dunha fortaleza de construcción terreña con profundos fosos.Xa nos informes militares do século XVIII descríbeno nun estado ruinoso.  Na actualidade, esta fortificación, atópase mergullada entre a vexetación facendo ,da súa visita, unha experiencia apta para aventureiros intrépidos. Para o seu encontro,  o visitante precisará facer unha pequena investigación topografíca da zona debido ás escasas indicacións existentes. De tódolos xeitos a mellor maneira de chegar é preguntando ós veciños polo seu emplazamento exacto. Unha vez alí os seus fosos dificultarán  o acceso ata tal punto que, se non se fai pola súa entrada principal, pode converterse a visita nunha tarefa imposible.

  • O MUIÑO DO CULANDRÓN

  • AS AREEIRAS DE AMORÍN  Embarcadeiro fluvial,  nomeado así, pola xente porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, hoxe xa caeu en desuso.  Aquí, os Pescadores do Miño, concentran unha pequena flota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan sables, lampreas, salmóns, meixóns ,e demáis especies do río.

 FESTEXOS E ROMERÍAS

  • A VENERACIÓN A VIRXE DA AGONÍA Destaca entre os festexos máis importantes desta parroquia. Celébrase no terceiro domingo de agosto con distintos actos de carácter festivo. O sábado pola tarde, engalánanse os tractores que, a modo de carrozas, desfilan polo recinto da festa, sendo un dos principais atractivos  xunto coa proclamación da raíña de damas en honra da súa patrona. As carrozas supoñen unha árdua labor na que participan os veciños de cada barrio, durante todo o ano, aproveitando materiais naturais