|
| |
SOBRADA, é a parroquia do concello de Tomiño onde
está encravado o noso centro.
DATOS DE
INTERESE
Esta parroquia presenta unha poboación
en constante aumento, que ronda na actualidade, ós 700 habitantes. A súa
poboación repártese polos distintos barrios que a conforman: A
Aldea, A Carrasqueira, Cruceiro, As Eiras, Os Escampados, A Gándara, A Gandariña, A Lagoa, O Monte, O Outeiro, A
Portela e Torrón. Sitúada a ambos marxes da estrada C-550 entre Tui-A
Guarda, linda co concello de Tui, coas parroquias de Piñeiro e Currás e o
río Miño.
ATRACTIVOS ARQUITECTÓNICOS
-
IGREXA DE ESTILO ROMÁNICO: Reconstruída no 1791 e,
parcialmente, reformada no 1825, conserva do seu estilo orixinal dúas cabezas
de bóvidos sobre o lintel da porta lateral (s. XII).

-
PAZO AGRÍCOLA: No lugar de
Bouzabalada, este pazo, no 1.726 pertenceu á familia Piñeiro Falcón. Foi ampliado en 1790
. É coñecido como " A pousa das maravillas" Conta cunha capela do 1700 na que
se venera a San Benito e á Virxe das Maravillas.
-
Segundo informacións dos lugareños, no Barrio da
Gandariña, en tempos
pasados (entre os s.XVI-XVII ), no lugar coñecido como "Alto
da torre", hoxe un montículo privado, estaba a "TORRE
DE SOBRADA". Pertencía ós Condes de Priege. Os únicos datos
escritos desta construcción remóntanse ó 1.818 e fan referencia a unha casa e
unha torre que se atopan en estado ruinoso. Hoxe,
soamente, perdura o seu topónimo.
-
SETE ESCUDOS:
Pertencentes ás linaxes da nobreza rural galega que estiveron asentados
noutrora na parroquia. Localizados en :
-
Catro corresponden á "Pousa de las
Maravillas" en Bouzabalada
-
Outro pertence á "Pousa
de Don Celso"
-
Os restantes pertencen ós antigos abades desta
parroquia (D.Manuel María Valenzuela del Rial González, y Sarmiento de
Bugarín) e, o outro, que, ainda, campea na fachada dunha casa que foi
propiedade de Don Jorge de Romay
FOTOGAFÍA ESCUDOS
FESTEXOS E ROMERÍAS
-
"O LANZO DA CRUZ": Tradicional romaría
que se celebra o luns de Pascua. É un acto de
irmandade entre o pobo galego e o portugués. Trátase dun intercambio dos
párrocos nas augas do río Miño co fin de bendicir o río e dar a bicar a
Cruz de cada pobo. Esta cruz lévase nunha balsa, ata a outra beira do río, en
brazos. Ó mesmo tempo, os pescadores de cada marxe, ofrecen ó crego do país
veciño o producto da pesca do día.
-
"Festas patronais do Santísimo Cristo do
Socorro": Teñen lugar o segundo domingo de
agosto. Ó mesmo tempo, as novas
xeracións desta parroquia, baixo a dirección da Asociación Xuvenil Muimenta,
organizan unha semana cultural.
-
"Festas da Virxe do Rosario":
Celébranse o primeiro domingo de outubro.
|