|
| |
DATOS DE INTERESE
Piñeiro é unha parroquia pequena, en extensión. A súa
poboación repártese polos distintos barrios que a conforman: A Bouzada, O
Bouzón, Riás e Tabordela.
Como o seu propio nome indica, Piñeiro é unha
pequena parroquia do concello de Tomiño onde se pode disfrutar da beleza propia
das paisaxes e paraxes indescriptibles propios da Galicia rural..
ATRACTIVOS ARQUITECTÓNICOS
- "LA CAPILLA": Cabe destacar a existencia, no pasado, segundo se refire González Santiso, seguindo
documentación do Arquivo H. Diocesano,a existencia dunha ermida onde se
veneraba a "Nosa Señora da Consolación". A súa primeira cita
histórica data do ano 1754. Posteriormente, no 1778, dita imaxe foi trasladada
á igrexa parroquial. Hoxe en día, só perdura na lembranza da xente que utiliza
,o topónimo de, " LA CAPILLA" para nomear o lugar onde, antigamente,
se localizaba a capela.
- IGREXA PARROQUIAL: Datada no século XVII. Encravada nun fermoso
parque de vellos carballos, na que se celebra unha feira mensual de gando lanar
o día dez de cada mes .

- ANTIGO PETO DE ÁNIMAS: Atópase encaixado no muro do
atrio da igrexa parroquial.. Amósanos unha capeliña ben traballada de granito.
Posúe catro pezas; unha base rectangular que non ten epígrafe, un gran mesado
rectangular con varias molduras na que se atopa o burato do peteiro que conserva
a súa tapa de ferro coa fechadura rota, a capeliña con molduras rematadas
nunha cuncha de vieira e, finalmente, a cruz que non está completa. Da
súa talla ninguén se acorda, non ten epígrafe nin data.

- ANTIGOS PETOS DE ANIMAS: O outro está a apróximadamente, corenta metros do
primeiro. Trátase duns paos, a
beira da mesma estrada, o pe do torreiro da festa. O cruceiro posúe tres
escadas, sobre elas unha base cadrada con rebaixes, da que sae o varal. Do seu
comezo cadrado, pasa á forma cilíndrica de máis grosor a menos. O capitel
cuadrangular posúe varias molduras das que sae a cruz, esta posúe paos
rectangulares rematados cunha forma de folla de trevo, nela o Cristo cravado
aparece con proporcións non moi axeitadas e non moi gastado pola erosión. O
seu pano da pureza esta recollido a esquerda. Na súa base o burato da esmola
apareca sen a súa tapa de ferro onde podemos ler o seu epígrafe: "Para el
Cristo de la Salud"
- MUÍÑOS: Moi abundantes na parroquia. Como exemplo os muíños
do: "Buraco", "Centeno"e "As Barxas".
- CRUCEIROS: Espallados por toda a parroquia, sorprendéndonos pola
súa simpleza e singular construcción.

FESTEXOS E ROMERÍAS
- "FESTAS NA HONRA DE SAN LORENZO":. Piñeiro é un pobo
pequeno en extensión, pero grande en ideas e espectáculos. As festas que
se celebran no mes de agosto son de grande fama entre os pobos da zona. O día 10 de agosto, os mozos e mozas de Piñeiro ,
organizan a festa. Tamén levan a cabo a famosa
feira cabalar que, todos os anos, reúne ós amantes do cabalo no mes de xullo.
Pero, as festas máis esperadas do verán, celébranse o cuarto domingo de
agosto, na honra do Sto. Cristo da Saúde.
- ATRACTIVOS CULTURAIS: Entre outros destaca o " Grupo de
teatro baboon " que
oferta unha variada producción, espertando o interese polas historias que
parecen cobrar vida na Casa Cultural de Piñeiro. Nesta casa os seus veciños,
cativos e non tan cativos, reúnense para disfrutar das distintas representacións levadas a cabo polas rapazas e rapaces do lugar.
|