|
| |
DATOS DE
INTERESE
A súa poboación, arredor de 600 habitantes, repártense
polos distintos barrios que a conforman: O Barral, A Estrada, O Cruceiro, O
Monte, O Tapel e Aldea. Nesta pequena parroquia do Concello de Tomiño, pola que
atravesa a N-550, poderemos gozar de paisaxes de beleza singular: Ás marxes do río Miño, restos románicos de interese arquitectónico e innumerables
chispas de vida entre os seus inquilinos. Fronteiriza con Portugal, separando
as beiras o río Miño, obstáculo entre estos pobos que durante séculos só os
pescadores destas augas uniron cos seus habituais intercambios
ATRACTIVOS ARQUITECTÓNICOS
- IGREXA : do S. XVI , ainda que, o seu estilo, denota a influencia
portuguesa da época anterior. No seu interior existe un retablo de 1.803,
que sustituiu ó do século XVIII que foi trasladado á parroquia de Estás.

- "MEDOS" En Currás descubriuse unha necrópoles de
tipo romano. No lugar coñecido polos seus habitantes co nome de "Medos",
realizáronse diferentes escavacións. Atopáronse vestixios dunha vila romana
(datada entre os séculos IV e VI d.C.). Destacando o descubrimento dun hipocausto
(antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudio e o
coñecemento da cultura Romano-Xermánica en Galicia. Consérvanse
unha parte destes restos no Museo Diocesano de Tui e, a outra parte, cubriuse
con area co obxetivo de continuares cóas escavacións no futuro .
FESTEXOS E ROMERÍAS
- "O BUXO": fermosa casa de
turismo rural que existe no corazón da aldea. Un lugar para descansar
e para olvidarse das preocupacións e o estrés da vida cotiá. Nas
súas proximidades pódense practicar diversas actividades no medio
natural: rutas a cabalo, sendeirismo, caza, pesca, montañismo, excursións
fluviais, etc.
Para saber máis, visita a páxina
de Agarimo.
Aqueles que se decanten polo mundo rural
galego non poden deixar de adentrarse
nestas paraxes, onde os camiños se entrecruzan cos agarimos dos seus
habitantes, que nos transladan a un mundo de paz, onde os únicos berros que
perciben os sentidos, son os dos paxaros disputando o mellor ramallo para
asentar o seu niño.
|