|
| |
PROXECTOS GLOBALIZADOS
Os "proxectos", tal e como nós os deseñamos, resultan dunha mestura entre o "método da
investigación do medio" e o dos "proxectos de traballo globais".
Supoñen a organización dos contidos dende a perspectiva da globalización (con
significatividade lóxica e psicolóxica), creando situacións de traballo nas
que os rapaces e as rapazas se inicien na aprendizaxe duns procedementos que
lles axuden a organizar, comprender e asimilar unha información. Cada proxecto
concrétase na elaboración dun dossier ou monografía que require o emprego
dunha serie de habilidades e coñecementos procedentes das diferentes áreas.
No deseño dos proxectos desenvolvemos a seguinte
SECUENCIA DE ENSINO-APRENDIZAXE
-
Elección do tema: Partimos dun tema relacionado co
transversal proposto para cada curso e co medio natural e social próximo ó
alumnado.
-
Motivación: Colocamos ós nenos e ás nenas en
situacións próximas á súa experiencia vital a fin de espertar o seu interese
polas cuestións relacionadas con ela e sobre as que se concretan as distintas
preguntas.
-
Instrumentos para á obtención da información: Están
relacionados
- Coa experiencia directa (visitas, entrevistas, experimentacións...)
- Con fontes de observación
indirecta (artigos, libros, xornais, vídeos...)
- Con informacións proporcionadas
polo profesor-a.
-
Tratamento da información: Os nenos e nenas recollen
(en grupos ou individualmente) os datos útiles, clasifican e ordenan esa
información, adquiren habilidades para traballar con medios e recursos
diferentes.
-
Elaboración do dossier : Coa información obtida
vaise elaborando o dossier unhas veces, e outras anótase nos cadernos
individuais como soporte básico de estudio e medio para sistematizar o recordo.
-
Avaliación: Realízase por parte do profesor-a
unha avaliación formativa ó longo de todo o proceso, afondando na aplicación
da información traballada e das conclusións obtidas á situacións diferentes
e establecendo relacións e comparacións que permitan a xeneralización e a
conceptualización.
-
Expresión e comunicación: Comunícanse os resultados e/ou
conclusións ó resto da comunidade través de:
-
Charlas (a otros alumnos-as do Centro),
-
Murais (que se expoñen nas aulas e nos
corredores)
-
Montaxes (de diapositivas para pasarlles ó
resto dos alumnos e alumnas, de representacións, de
desfiles e xogos ó aire libre...)
-
Xornáis (que se distribúen entre os pais e
nais),
-
Dosieres colectivos e individuais,
-
Contos....
Todas as actividades que van conformando os distintos proxectos traballados
en cada ciclo intégranse nun proxecto global, a nivel de centro, estructurado
ó redor do tema transversal seleccionado en cada curso.
Así deseñamos proxectos de:
|