|
| |
Valores
Organización
Valores
A organización e realización das
distintas actividades en torno ó traballo en talleres ten, para nós, gran
cantidade de valores xa que:
-
Fomentan a capacidade de análise dos nenos e nenas porque observan
directamente como se fan as cousas.
-
Os nenos e nenas aprenden a xeneralizar e abstraer porque coñecen
distintas formas de realizar un exercicio e as súas aplicacións descubrindo
por eles mesmos novas posibilidades de utilización dos seus coñecementos
noutros campos.
-
Propician o desenvolvemento da capacidade creadora.
-
Os nenos fortalecen a memoria e fixan a atención mentras realizan cada un
dos traballos.
-
Son situacións moi motivadoras, polo que o rendemento nestas aprendizaxes
é bo.
-
As actividades propostas nos talleres enlazan as facultades mentais coas
motoras.
-
Propíciase a interelación entre os nenos e nenas de todo o ciclo e coas
distintas profesoras dirinxíndose a todas elas coa mesma seguridade, e
viceversa, aumentando así a sociabilidade e a colaboración en determinados
traballos grupais.
-
Non fragmentan a realidade do neno senón que lle amosan elementos e formas
de actividade que pode aplicar na súa tarefa globalizada para expresarse
adecuadamente.
-
Contribúen a descubrir as relacións lóxicas porque os nenos
e nenas actúan
sobre os elementos que utilizan, relacionan e comparan e son capaces de
verbalizar os procedementos que seguiron na realización e aprendizaxe de
calquera técnica, receita ou traballo.
-
Resultan gratificantes e facilitan que lle atopen sentido útil ó
aprendido porque poden mostrar ou expoñer a súa obra, degustar ou utilizar o
que elabora e facer cousas que lles permitan expresarse e xogar.
Organización dos talleres:
-
En E. Infantil funcionan tres talleres, dos que se
fan cargo cada unha das titoras e a profesora de anticipación de inglés.
No 1º ciclo funcionan tamén 3 talleres dirixidos por cada unha das
profesoras titoras e pola profesora de apoio. No 2º Ciclo hai 4 talleres
dirixidos por cada unha das profesoras titoras e pola profesora de inglés.
-
Os talleres funcionan un día á semana en
sesións de dúas horas
-
Para levar acabo as actividades de cada un
dos talleres utilízanse as aulas ordinarias e otras de uso común:
audivisuais, informática, apoio...
-
Os grupos, participantes en cada taller, fixos e
hetereoxéneos están formados por 14 ou 15 alumnos/as dos dous niveis de
cada ciclo.
-
Os grupos de nenos e nenas van rotando por todos
os talleres, de maneira que todos participan das actividades de cada
un deles.
-
Cada curso prográmanse aqueles talleres que
posibilitan a realización de actividades facilitadoras das aprendizaxes
propias do tema transversal proposto.
Algúns dos que veñen
funcionando alternativamente son:
|