A formación para a
paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das
finalidades do noso sistema educativo. Día a día trabállase esto nas
aulas pero tamén é necesario ter un día de celebración especial para
lembrar a todos aqueles que todavía están nunha situación social que non
é acorde con este lema.
É por tanto unha
oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendemento
entre as persoas.
O día 30 de xaneiro
celébrase en todo o mundo o día da PAZ.
Primeiro
podedes practicar aprendendo a canción que imos a cantar este ano no
cole. Podedes descargar a letra do seguinte icono
No seguinte
video
podedes practicar a interpretación da canción deste ano.
Eiquí
vos deixamos a letra da canción e a música para practicar.
Nalgunhas
aulas fixemos unhas fermosas diademas de pombas para lucir este día.
Este ano
cada ciclo elaborou un mural da PAZ. Despois de
traballar nas aulas sobre A PAZ baixamos os murais ao patio para
expoñelos ante todo o alumnado colocándoos colgamos no muro da pista do
patio.
Educación
Infantil
"A PACIENCIA
É A CIENCIA DA PAZ"
1º Ciclo de
Primaria
"PAZ,
CIENCIA"
2º Ciclo de
Primaria
"A PAZ TEN
MOITA... QUÍMICA"
3º Ciclo de
Primaria:
"A PAZ
É A FÓRMULA"
Posteriormente
nun acto común izamos as nosas pancartas da PAZ as fiestras dos nosos
edificios máis antigo, deixamos voar un globo por cada ciclo con
mensaxes de PAZ e para rematar cantamos
todos xuntos a canción :