Besbello.Net 1
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño

"La Naturaleza benigna provee de manera que en cualquier parte halle algo que aprender". Leonardo Da Vinci

Esperamos poder facer nosas estas palabras. Que cada planta, cada animal, cada rocha que vexamos nos nosos paseos, sexan os mestres das aulas da Natureza, nas que imos "progresar adecuadamente"

 

Cogomelos
Temos que darvo-las gracias pola vosa colaboración na campaña de limpeza do patio. Estes últimos días xa non se vían papeis, plásticos, envases... nas zonas da entrada do Colexio. Pronto esperamos que isto se estenda a tódolas dependencias.

No mes de outubro entregamos papeleiras para recollida de papel(unha por nivel), Limpamo-lo xardín e comenzamo-la preparación da terra para futuras plantacións. Repartimos macetas e bulbos polas clases e fixemos semilleiros con landras de carballo.Todo isto co patrocinio do proxecto Voz Natura. Esperamos que a construcción dun sinxelo VALADO, permita amplia-las actividades previstas no xardín. Desde aquí seguimos pedindo a vosa COLABORACIÓN.

Macetas
 
Un momento da limpeza
Aquí podedes ver algún momento durante o traballo de limpeza e preparación da terra, agora xa temos bulbos e plantas crasas para ir enchendo esta zona cun pouco de cor (cando medren e boten flores).
Non é tan doado
Vai a páxina da auga

Proxectos do mes

Este mes, ademais dos proxectos relacionados coas plantas, propoñemo-lo estudio da auga. Está rematando o Ano Internacional dedicado a este recurso imprescindible e queremos que todo o Colexio lembre a sorte que temos, mentras moitos países sofren terribles secas coas grandes fames que levan emparelladas. Por iso imos responsabilizarnos dun mellor uso e coidado dos nosos recursos hídricos. Fai click na botella Botella

Unha nova experiencia

O venres 7 de novembro Andrés, de 5ºA, trouxo á clase unha morea de ovos de ra recollidos nunha charca. Formaban unha masa xelatinosa, pola mucina da cuberta protectora. Esta é a que os vai protexer de fungos e bacterias, e servirá para fixalos ás plantas. Cando saen dos ovos os cabezolos aferránse as plantas cunha ventosa, respiran pola pel e aliméntanse das reservas destes.

Ovos de ra
Ovos e cullarapos
Algúns ovos xa estaban baleiros e os minúsculos cabezolos, cágados ou cullarapos, flotaban na auga. O día 8 xa casi non quedaban ovos sen abrir, e os cullarapos medraran moito. Algúns deles xa tiñan tres pares de branquias externas e unha longa cola protexida por una aleta, para os desplazamentos na procura do alimento.

Aquí podedes ver dous cullarapos xa moi activos, desprázanse axitando a cola con moita enerxía. Xa abriron os ollos e a boca.

Respiran polas branquias, ás que chega o sangue para recolle-lo osíxeno disolto na auga. Imos segui-lo seu crecemento e metamorfose, se somos quen de darlle-lo hábitat axeitado.

Dous cullarapos
Gaivota no patio
Unha visita que nos fixo lembrar á da "Historia dunha gaivota". A nosa 'Afortunada' andaba paseniño polo patio baleiro disfrutando da tranquilidade do momento.
Seguen medrando os fillos da nosa parella de hamsters. Aquí podedes ver a Bess coas súas tarefas de nai responsable. Xa podemos adiantar que unha é femia e dous, machos. Ide pensando os interesados na adopción, que haberá que facer unha proba de coñecementos.
Bess e fillos

Para saber moito sobre hamsters podes visitar estes sitios: mascotanet.com

mascotasenlinea.cl

memo.com.co

acuariolasmercedes.com

dhassa.co.uk En este atoparás moitas e moi simpáticas fotografías.

As últimas fotografías xa nos dan unha idea do rápido crecemento destes simpáticos amigos. Lembrade, tedes que deixa-las solicitudes na aula de Internet, xunto coa autorización familiar. O próximo luns teremo-la proba sobre coidados, hixiene, alimentación, enfermidades...dos hamsters.
Clathrus archeri

Colaboracións

Sergio de 5ºC trouxo esta curiosa seta atopada na fraga de Cecebre. Trátase da Clathrus archeri ou "polbo de monte", polo seu aspecto de polbo ou de estrela de mar. Fórmase a partir dun ovo de cor crema. Ten un cheiro moi desagradable.

Parece ser que é oriunda de Australia e Nova Zelandia.

Tamén Cristina de 5ºC fixo a súa aportación. Parece unha parte do rizoma do fento macho (Dryopteris filix-mas), coñecido como dentabrún ou "dentabruño" nalgunhas zonas. Polas súas propiedades usábase para expulsa-las tenias, pero é perigoso de non usalo nas dosis xustas. Segundo a avóa de Cristina, tamén era moi usado para as dores de ósos e pernas.

Dentabruño

Moi ben

Isto e un exemplo de como invita-los donos dos cans a recolle-las feces destes. Contén unhas bolsiñas cunha paleta de cartón para axudar na tarefa da recollida. Son de balde, o aparello está ó lado dunha papeleira.

Kioscan

Cadeliño no escaparate

Moi mal

O que estades a ver e moi frecuente. Unha tenda-clínica veterinaria que ten un 'escaparate' para os animais que están á venda. Alí pasan semanas (días, noites, domingos, festivos...) Os ollos deste cadeliño son bastante elocuentes.

Volta ó Índice
¡Ata decembro! Ó mes de decembro