![]() |
![]() |
|
Febreiro
|
Xuño
|
|
Comenzamos
un novo mes no que imos recolle-los froitos do traballo anterior, estan
a brota-las flores dos narcisos. Elas van alegra las nosas clases e tamén
o patio. Veremos medra-las azaleas e teremos que facer unha boa limpeza
de malas herbas. Lembrade que plantas como a Oxalis e Fumaria están
polo medio dos bulbos e teremos que retiralas porque pronto formarán
unha maraña que afogará o que plantamos.
|
![]() |
|
Estas
preciosas flores que están a saír teñen una bonita
lenda. Dí a Mitoloxía que o mozo Narciso namorouse dunha
imaxe que viu reflectida nunha fonte. Ó tentar achegarse a esa
fermosa criatura (era el mesmo) afogou nas augas. Nese lugar medraron
os Narcisos.
|
![]() |
A Fumaria officinalis é unha planta medicinal usada desde a antigüidade coma depurativa. A Oxalis pes-caprae, coas follas tan semellantes ás dos trevos, ten moitas variedades decorativas usadas nos xardíns. |
![]() |
|
Estes
días estamos a ver nenos e nenas que traen ó Colexio plantas
de Oxalis para chucharlle-lo zume, chamanlles "vinagretas".
Non se debe facer porque o zume desta planta é tóxico. Contén
oxalatos que poden depositarse nos riles (cálculos renais).
|
|
Reciclamos
Este mes imos lembrar, unha vez máis, a necesidade de aforrar recursos naturais. Agora tócalle ó papel. Lembra que temos que reciclar tódolo que poidamos para aforrar árbores. Os bosques son os pulmóns da terra, moitos están a desaperecer e con eles a fauna e flora que acollen. Tamén podemos facer nós uns bonitos agasallos con papel e cartón reciclado, para iso imos aprender a facelo. É moi sinxelo, só precisas: Papel,
mellor de varios tipos.Auga,
é imprescindible para o proceso.Unha
batidora para tritura-lo papel.Un
recipiente para o ablandado do papel.Un
bastidor (cun molde con malla metálica, e unha forma).Unha
prensa para aplana-lo papel.
Unha petición de actualidade Neste mes lembramo-la chamada das ONGs: Greenpeace, Amnistía Internacional e Intermón Oxfam, "Por un país comprometido cos dereitos humáns, a loita contra a pobreza e o respeto ó medio ambiente". Seguide esta ligazón para ir á páxina de Greenpeace. http://www.greenpeace.org/espana_es/features/details?item_id=389067
|
|
Máis novidades no xardín Desde hai uns días podedes ver azaleas que estan a dar máis cor na entrada. Esperemos que todos vaian afacendose a elas e non as pisen cando esperan, ás horas de entrar e saír do Colexio. Lavanda, acivro, incenso e romeu están a medrar moito |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Unha
boa nova, o tratameno da 'cochinilla algononosa' do mandarino tivo efecto.
Aquí están os froitos, moi pequenos. As follas aínda
teñen restos do fungo negrilla, pero está cheo de flores.
|
Moi benA iniciativa da Comunidade de Madrid de pór un "Hospital de plantas", nel recollen todas aquelas que os veciños achegan por non poder ou non saber coidalas. Unha vez recuperadas poden recollelas ou plantalas en xardíns públicos. Este servicio amplíase ós colexis da zona que deixan as súas plantas durante as vacacións de verán. Podes saber máis desta iniciativa na ligazón: http://www.madridiario.es/reportajes/reportaje-hospitalplantas.jsp |
|
Aquí está parte do grupo que conseguiu cambiar un pouquiño a cara do noso xardín. Están moi ledos coas novas camisetas do proxecto "Voz Natura" |
![]() |
![]() |
|
Vai
ó mes de marzo
|