![]() |
|
|
Maio
|
|
Un
mes máis estamos aquí para lembrar todo o que está
a suceder no Colexio e que ten relación co Medio Ambiente. |
|
Lembramos, en xuño, haberá unha importante festa
no parque de Acea de Ama (Culleredo) para celebra-lo final de curso do
programa Voz Natura. Poden aistir tódalas persoas que o desexen,
Haberá
atraccións, concursos, exposición de traballos, obradoiros...
e postos onde tomar algo, no caso de non leva-lo xantar. Se queredes máis
información e ve-las fotos de anteriores edicións ide á
páxina
web de Voz Natura.
|
|
Celebra
este Día coa Natureza Nestes próximos días sairá a convocatoria dos traballos, que para celebra-lo Día Mundial do Medio Ambiente, fará o Colexio. ¡Estade atentos! |
![]() |
¿Non queres ter unha nova amiga? Aquí tedes as fillas de Bess e Bello, xa temos tres solicitudes formales para a adopción. Aínda temos unha que non está adxudicada a ninguén. Son moi activas, xogan moito e xa pelexan polas pipas e larpeiradas. Pensamos que en dúas semanas xa poderán ser entregadas ós seus novos amigos. |
|
O
"verme" da seda
|
|
Este
mes ímos dedicar o noso Besbello.net á cría do "verme"
da seda. Na clase de 5ºC e da man da súa titora,
Julia Tarrío, levaban un tempo esperando o nacemento das larvas.
Tiñan ovos nunha caixa. Moi pequenos, 1 mm, cunha casca quitinosa,
con canais microscópicos para permiti-la respiración do
embrión. O día 19 do mes de abril detectouse o nacemento
das primeiras larvas.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Despois
do período de hibernación, comenza o proceso no que a temperatura
pasa a ser duns 25ºC e que vai durar sobre 15 días. O nacemento
anúnciase cun cambio de cor, pasando do gris escuro ó claro.
|
|
Os
"vermes" teñen 3 mm de longo o nacer. Forman un pequeno
fío de seda para alonxarse da casca. Buscan follas de moreira para
alimentarse. A maior temperatura, máis rápido vai se-lo
proceso de maduración das larvas.
|
|
A
larva pasará por diferentes transformacións. A metamorfose
é moi complexa. Ós seis días do nacemento, as larvas
deixan de comer, quedan no sitio, levantan a cabeza e permanecen nesta
posición 24 horas. A pel abre desde a cabeza e sae a larva, deixando
esa muda que lle serviu ata ese momento. Este proceso de muda-la pel repítese
tres veces máis ó longo da vida. Ós 25 días
as larvas teñen 8 centímetros de longo e doce aneis; non
paran de comer e eliminan moitos excrementos líquidos.
|
![]() |
![]() |
Aínda que estamos acostumados a coñecelos coma "vermes" a realidade e que son as larvas dunha bolboreta: a Bombyx mori. O único alimento que inxiren son as follas de moreira. Baixo da boca do "verme" está a trompa da seda, un orificio onde sae o fío. O alimento pasa ó esófago e alí recibe o líquido das glándulas salivares. A transformación continúa no estómago. As glándulas onde se acumula a seda son dous tubiños longos baixo do tubo dixestivo. De alí saen dous fíos que logo funden nun só que sae pola trompa da seda. |
|
Os
nosos seguen a medrar, estes días non paran de comer, os alumnos
de 5ºC non dan feito para darlles tódalas follas que precisan.
Pensamos que xa está moi preto o momento da elaboración
do fío que os vai pechar para a última muda. Son moi grandes
e teñen unha pel moi suave e case traslúcida. Imos deixalos
nun lugar lonxe da luz directa, seco e ventilado. Poremos no terrario
un bosque de ramiñas limpas para que podan trepar e formar unha
rede na que fixar os fíos. Colócanse no medio e con movementos
de cabeza van tecendo en forma de oito a súa prisión.
|
![]() |
![]() |
![]() |
Unha
última vista dos "vermes" xusto antes de poñerse
a tece-la envolta que os vai cobixar. Este que vedes foi o primeiro e
non foi quen de esperar á colocación dos paus para comenza-lo
traballo.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
"Unha vez que a larva chega a madurez comenza a fabricación do envoltorio onde vai transformarse en bolboreta. É mellor poñerlle preto ramiñas secas e limpas para que poida tecer os fíos nos que se vai encerrar. Vai xirando a cabeza e creando unha estructura oval o seu redor. Pasados catro días a larva remata o vaciado das glándulas da seda, entón comenza o sono do que vai despertar ós vinte días xa coma unha bolboreta. É entón cando o macho busca parella. Morre pouco despois da fecundación. A femia morre logo da posta dos ovos." Isto di a teoría, nós imos comprobalo de aquí ó remate do curso. |
![]() |
O
verme Bombyx mori e orixinario da China. Alí foi primeiro
unha industria da nobleza e logo a principal fonte de riqueza do país.
Na antigüidade estaba fortemente penado o feito de sacar fora do
país os vermes e ovos e sementes de moreira.
|
|
600
anos antes da nosa era chegou esta arte a Xapón e máis tarde
á India e Persia. Uns monxes gregos a espallaron por Asia e África.
No século XI establécense ligazóns comerciais entre
Europa e China. Era a Ruta da Seda, non só guiada por intereses
mercantís senón tamén polas culturas diferentes dos
países que atravesaba e sobre todo polo misterio e sentido da aventura.
Así chegou a Europa e de aquí foi a América na época
colonial. Hoxe é coñecida en todo o mundo e aínda
que son moitos os intentos de acadar as propiedades da seda por outros
medios, non se atopou polo de agora, un fío da súa consistencia,
duración, suavidade e capacidade de conserva-la temperatura do
corpo.
|
|
Vai
ó mes de xuño
|