besbello
besbello.net 3
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño
Benvidos ó 2004, o noso besbello estrea imaxe. Trátase da visión escolar e 'verde' da nosa mascota. O autor é Andrés Gómez García, Enxeñeiro Informático do Servicio Municipal de Educación do Concello de A Coruña. ¡¡Moitas gracias!!, imos coidalo para que se atope ben connosco e para que a transformación que o Grupo Voz Natura quere facer na comunidade educativa, no que atinxe a conciencia ecolóxica, sexa do seu agrado.
besbello
comic de Xaquín Marín
Lembramos que no mes de decembro tivemos no Colexio unha fantástica exposición organizada por ADEGA con debuxos de Xaquín Marín. Foi unha excelente forma de relembrar que 'medio ambiente' somos todos e cada quen, na súa parcela, temo-la responsabilidade de respeta-las regras. Estas imaxes son moi suxerentes e dan un motivo máis para reflexiónar.
xacinto
Pouco a pouco van abrindo as flores dos xacintos a pesar do parón de Nadal (ou quizais por iso) durante uns días non sufriron o 'exceso de celo' dalgúns dos que regaban.
xacinto

Día da Paz

O día 30 de xaneiro, coma tódolos anos celebraremo-lo "Día escolar pola non violencia e a Paz". Desde aquí imos lembrar un concepto: o ecopacifismo.

"A humanidade actual está sumida nunha crise ecolóxica, que xa se iniciou hai algúns séculos, cando os seres humanos malentendemos as nosas relacións coa natureza. Os conflictos, as guerras, a fame, a pobreza, a opresión das minorías, a negación da democracia e das liberdades dos pobos e do individuo, a liquidación progresiva da natureza, etc., son problemas que xera, sobre todo, a sociedade consumista e tecnolóxica actual".

"...cada persoa, para desenvolverse, necesita dos outros e da natureza e así, consecuentemente, movémonos dentro dunha perspectiva interrelacional, tendo de conta que os problemas individuais repercuten sobre outros individuos e sobre a natureza e, viceversa, os problemas que afectan ó noso medio ambiente repercuten sobre a nosa calidade de vida, sobre a nosa saúde, tanto a nivel individual como colectivo. Esta -cadea ecopacifista ou pacifista ecolóxica- será o noso fío conductor nesta Unidade Didáctica, que esperamos serva para mellorar as nosas relacións cos outros seres, partes dun todo chamado "natureza". Os valores de tolerancia, solidariedade, cooperación, deben substituir ós de expansión, competición e dominación, primando a calidade sobre a cantidade".

Estas verbas pertencen á unidade didáctica sobre ECOPACIFISMO elaborada polo Seminario Galego de Educación para a Paz. Podedes atopala na páxina web do SGEP, contén moitísimas información e propostas para traballar este día.

Cartel das Nacións Unidas

"Aprendimos a voar coma os paxaros, a nadar coma os peixes pero non aprendimo-la sinxela arte de vivir coma irmáns".

"Se soubera que o mundo remata mañán, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore".

Martin Luther King

paloma de Picasso

Para imitar

Unha mostra máis dun caderno de campo. É unha preciosidade pola interpretación das cores e formas das plantas atopadas. A autora é Sabela de 6ºA.

caderno de campo
caderno de campo
caderno de campo

caderno de campo

A nosa contibución á recuperación das árbores de Nadal

Aquí estamos uns membros do Grupo Voz Natura plantando unha árbore de Nadal, esperamos que os días no viveiro e na casa, non lle impidan, agora, unha boa aclimatación ó noso xardín.

cavando
faciamos  turnos
xa abonda
agora ¡a regar!
 
regando

costela de Adán

Plantas de interior

Estamos no inverno, estación na que as plantas de xardín teñen o seu descanso anual. É o momento de prestarlles máis atención ás plantas de interior. Os orientais usaban as plantas como un medio de atrae-la enerxía positiva ós seus fogares. Hoxe sabemos que, ademais da beleza que aportan, contribuen a mellora-la nosa saúde física e mental. Lembrade que as casas están cheas de materiais sintéticos e productos químicos, os aparatos emiten ondas electromagnéticas, os productos de limpeza emiten gases nocivos... As plantas, segundo unhas investigacións feitas pola NASA, absorben e limpan o ambiente para facelo menos agresivo para nós.

Moi ben

O Concello de Cambre fixo a recollida das árbores de Nadal para que nenos dos Colexios poideran plantalas nos lugares axeitados. A xente tiña que deixa-la árbore nun centro escolar de Cambre, Graxal ou a Barcala.

árbore de Nadal
a suxección  fixo estes danos

Moi mal

Imos plantexarvos unha proposta. Esta é unha árbore real. Podedes ver que está suxeita a un pao cunha cinta de goma. Cando a árbore era moi cativa, o tronco ameazaba partirse cada vez que zoaba o vento. Foi entón cando os xardiñeiros adoitaron a solución de poñerlle un 'tutor'. Varios anos serviu para enderezalo e anclalo ó chan cando o vento tentaba arrincalo ou partilo.

hiedra

Pero o tempo pasou e ninguén reparou no que estaba a suceder. O tronco medrou e a suxección converteuse nunha cadea que non permitía o normal crecemento. Así estivo máis dun ano... ata que por fin un día a propia forza da árbore foi quen de librala da cinta que lle impedía medrar.

É unha historia verdadeira que alguén, facendo un exercicio de imaxinación, podería transformar en conto ou comic. Xa sabedes... con árbores que poden expresa-los seus sentimentos ou falar.

Podedes envía-las vosas historias ó enderezo: grupovoznatura@edu.aytolacoruna.es seleccionaremo-las mellores para poñelas aquí.

liberado
Volta ó índice
Vai ó mes de febreiro
Vai o mes de febreiro