O TENDAL DAS POESÍAS

Ola a todos e todas!

Escríbovos esta carta porque estiven observando que cando ides coller un libro na Biblioteca ninguén de vós colle libros sobre poesía. Se cadra pensades que non vos vai gustar , pero iso pode ser porque lestes moi poucos poemas.

Por esta razón pensamos en facer unha actividade que cremos que vos vai gustar e que ten que ver coa poesía e con pintar , decorar….

Chámase  “O TENDAL DAS POESÍAS” e se queredes participar só tedes que pasar pola Biblioteca os martes e os xoves e as profes explicaranvos en que consiste a actividade.

Espero que vos animedes.

Bicos para todos e todas.

Fervelliño

O TENDAL TEN QUE SEGUIR MEDRANDO.

ESCOLLEDE LIBROS DE POESÍA E COLGADE MOITAS PRENDAS NO TENDAL!!!

Deja un comentario