CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NA ACTIVIDADE DE MOBILIDADE DE ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS PARA PRÁCTICAS (FCT NO ESTRANXEIRO): ABRIL- XUÑO 2019.
Proxecto: 2018-1-ES01-KA103-048916 - EUROPING 18/20
BASES DA CONVOCATORIA:
Bolsas para realizar prácticas en empresas do estranxeiro, que computarán como horas do módulo de FCT, para alumnos de ciclos formativos de grao medio do IES A Pinguela dentro do programa Erasmus + (Proxecto: 2018-1-ES01-KA103-048916 - EUROPING - 2019)
Período de realización: abril a xuño de 2019.
Duración: 74 días
Número de prazas: 9
Prazo de presentación: ata o 30 de novembro de 2018.
Ciclos formativos:
- CMIMP01 Estética e beleza
- CMIMP02 Peiteado e cosmética capilar
- CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes
- CMADG01 Xestión administrativa
Países destino: Francia, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido e República Checa
A empresa será adxudicada polo IES A Pinguela segundo os obxectivos da FCT.
Lengua obxectivo: portugués, italiano, francés ou inglés.
Contía das axudas (80% antes da mobilidade e 20% unha vez completada a mobilidade e presentados os correspondentes informes):
DESTINO |
MANUTENCIÓN |
VIAXE |
Francia |
3832,00€ |
275,00€ |
Irlanda |
4392,00€ |
275,00€ |
Italia |
3832,00€ |
275,00€ |
Portugal |
3832,00€ |
180,00€ |
Reino Unido |
4392,00€ |
275,00€ |
República Checa |
3198,00€ |
275,00€ |
As tarifas da viaxe e manutención están publicadas en: http://www.sepie.es/doc/convocatoria/2016/FP/2016II-1-4II-2-4KA102MonoMultiAnexoIV.pdf
- REQUISITOS DOS CANDIDATOS
- Alumnos dos Ciclos Medios de Estética e Beleza, Peiteado e Cosmética capilar, Sistemas Microinformáticos e Redes e Xestión Administrativa que cursen o módulo da FCT no presente curso 2018-2019.
Entregarase en prazo a seguinte documentación ó profesor coordinador de proxectos internacionais:
Os documentos en formato electrónico enviaránse á dirección: ies.pinguela@edu.xunta.es
Comisión de Mobilidade, formada por:
- director do centro
- profesor coordinador de proxectos internacionais
- o titores de cada ciclo formativo implicado para o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT)
Os participantes serán seleccionados segundo os criterios seguintes coas cuantificacións e ponderacións indicadas:
1 |
Nivel de ingresos da súa unidade familiar:
Puntuación total (10) se foi bolseiro no curso anterior ó da selección; nula (0) no caso contrario |
10% |
2 |
Expediente académico.
Nota media sobre 10 dos módulos ata dous trimestres antes da FCT |
20% |
3 |
Nivel acreditado da lingua no país de destino.
Para elo tendranse en conta os estudos previos do idioma do país de acollida que acredite e realizaraselle unha proba avaliadora de selección enfocada cara a comprensión e a expresión oral e escrita por parte do profesor responsable da formación lingüística e cultural ou outro colega con competencias no idioma obxectivo (Puntuación segundo os niveles ECRFL acreditados <A1:0; A1:4 ; A2: 6; B1:8 ; >=B2: 10)
Para linguas de destino distintas do inglés, se o candidato non acredita competencias nela, valoraranse as competencias acreditadas en inglés según o nivel ECRFL <A1:0; A1:1 ; A2: 2; B1:3 ; >=B2: 4 |
30% |
4 |
Nivel de motivación para participar no proxecto e madurez persoal:
Avaliada pola Comisión de Mobilidade (puntuación sobre 10) e consensuada pola mesma tendo en conta: motivación, habilidade de comunicación, flexibilidade, empatía, capacidade de traballo en equipo, capacidade de compromiso, responsabilidade. |
40% |
- RESOLUCIÓN (publicarase neste sitio web)
CONVOCATORIAS ANTERIORES
|