Pódese acceder de xeito directo, se se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas. Nos ciclos formativos de grao superior reservarase como mínimo o 3% das prazas que se oferten en cada ciclo para o alumnado con algún grao acreditado de discapacidade física, motora ou sensorial que obtivese dictame favorable da Comisión Autonómica de Escolarización:
1.- Para acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional requírese dispor do título de bacharel establecido na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.
2.- Sen prexuízo do establecido no número anterior, poderase acceder aos ciclos formativos de grao superior con estas titulacións ou con estes estudos superados:
a) Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
b) Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).
c) Curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
d) Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
e) Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
3.- Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen cumpriren os requisitos mencionados nos números 1 e 2 anteriores, as persoas solicitantes que tivesen aprobado a correspondente proba de acceso prevista no artigo 41.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, desenvolvida no artigo 24 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.
4.- Quen teña superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos poderá acceder, se así o solicita, pola cota reservada a probas de acceso indicada no artigo 3.1º b) da presente orde, coa cualificación de 5,00 puntos para os efectos de baremación.
Para máis información ...
|