IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Superior de Administración e Finanzas
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
 
  CICLO SUPERIOR  
 
INTRODUCIÓN

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacións concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

- A elaboración, actualización, verificación e control de ficheiros de provedores, clientes, persoal e demais documentos ou informacións xerados pola actividade da empresa.

- O control e xestión de "stocks".

- O inventario de existencias en almacén.

- Resolución de reclamacións, tramitación de queixas, elaboración de partes de incidencias tanto na empresa como en calquera organismo público, xa sexa central, local ou autonómico.

- Confección de nóminas e liquidación de impostos indirectos e directos que afectan á empresa.

- Información e asesoramento ó público ou clientes en función dos productos e/ou servicios ofertados, especialmente no sector bancario, de seguros, na Administración Pública e outras actividades do sector servizos.

- Verificación e rexistro contable da documentación derivada da actividade económica e financeira.

- Elaboración de estados de contas, balances, inventarios e outros estados financeiros.

- Cálculo de ratios, orzamentos e custos que afecten á área ou departamento onde está localizado.

- Control de fluxos de tesourería.

Currículo do ciclo formativo
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela