IES A Pinguela - Oferta educativa - Ciclos - Ciclo Superior de Administración e Finanzas
ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
 
  CICLO SUPERIOR  
 
SAÍDAS PROFESIONAIS

CONTORNO PROFESIONAL E DE TRABALLO

Esta figura exercerá a súa actividade nunha empresa de tamaño grande, mediano ou pequeno, pertencente a calquera sector económico, de ámbito público ou privado e en organismos públicos.

Os principais sectores de servicios onde pode desenvolve-la súa actividade son:

- Sector financeiro: Bancos privados e públicos, Caixas de aforro, Corporacións e institucións de crédito e financeiro, Seguros, Outros servicios financeiros prestados ás empresas, Actividade de información sobre solvencia de persoas e empresas e xestión de cobros.

- Asesorías xurídicas, fiscais e xestorías.

- Servizo de auditoría contable, económica e financeira.

- Asesoramento e información da organización da empresa, xestión e control empresarial.

Este técnico realizará o seu traballo nun equipo, actuará baixo instruccións e realizará tarefas ou funcións de maior ou menor polivalencia e responsabilidade en función do tamaño da empresa.

OCUPACIÓNS OU POSTOS DE TRABALLO TIPO MÁIS RELEVANTES

Con fins de orientación profesional enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo tipo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Administrativo de oficina ou despacho profesional, administrativo comercial, administrativo de xestión e de persoal, contable, administrativo de banca e institucións financeiras, responsable de tesourería, responsable de medios de pagamento, responsable de carteira, responsable de valores, responsable de estranxeiro, administrativo da Administración Pública, técnico en xestión de cobros, auxiliar de auditoría, axente comercial de seguros e bancos e institucións financeiras. Xestores administrativos.

 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela