IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Orientación

Medidas individuais de adaptación do currículo

Reforzo educativo

O reforzo educativo é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos prescritivos do currículo; é dicir, a todo o que conforma a opción metodolóxica do profesorado.

O reforzo educativo (seguindo as directrices da Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral), centrarase no desenvolvemento das capacidades cognitivas (atención, concentración, comprensión e memoria).

Adaptación curricular individualizada (ACI).

É unha medida extraordinatia de atención a diversidade que levamos a cabo con alumnado con necesidades educativas especiais. Nesta proposta introdúcense modificacións significativas nos elementos prescritivos do currículo común (obxectivos, contidos e criterios de avaliación) e pode afectar a unha, a varias ou a todas as áreas).

A avaliación psicopedagóxica será, sempre, unha condición previa para a realización dunha adaptación curricular ao alumnado. Esta avaliación será realizada polo Departamento de Orientación, en colaboración co equipo de profesores.

Arriba


Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva