IES SANTIAGO BASANTA SILVA

Medidas organizativas para a atención á diversidade.

Programas de Garantía Social (PGS).

  • Que son?
    • Son unha medida extraordinaria de atención á diversidade para alumnado que non acadou, ou non estea en condicións de acadar, os abxectivos xerais da E.S.O. (Parte do horario se fai no Centro e qué parte nas empresas)

  • Que Programas de Garantía Social hai no Centro?
    • Pintor-empapelador.
    • Operario de carpintería de madeira maciza.
    • Auxiliar de perruquería.
    • Operario de imprenta rápida e manipulados.
    • Instalador electricista.

  • Que alumnado pode formar parte dun PGS?
    • Os menores de 21 anos que, polo menos, cumpran 16 anos no ano natural no que comenza o programa, e que non acadaran os obxectivos da ESO nin posúan titulación ningunha de formación profesional, e tendo en conta as circunstancias seguintes:
      • Que teñan dificultades xeralizadas de aprendizaxe, ata tal punto que lle impidan acadar os obxectivos mínimos da etapa
      • Que recibisen medidas complementarias de adaptación do currículo e que, a xuízo do equipo educativo que os atende, non estean en condicións de acada-los obxectivos da etapa pola vía ordinaria.
      • Que estean en grave risco de abandono escolar.
      • No caso do alumnado escolarizado no segundo ciclo da ESO, o acceso aos programas de Garantía Social realizarase loga da avaliación psicopedagoxica, oídos os alumnos e os seus pais ou titores legais.

  • Quen os elixe e cando?
    • A Xunta Avaliadora no curso onde se encontran, co asentemento do orientador do centro.

  • O alumnado que supere un PGS, acadará o título de Graduado en Educación Secundaria?
    • Non. Reciben un certificado profesional e poden presentarse ás probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional.
  • Ligazóns:

Arriba


Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva