Medidas organizativas para a atención a diversidade.
Programas de diversificación curricular (PDC).
- Que son?
Son unha medida extraordinaria que consiste en:
- Adaptar globalmente o currículo da ESO ás necesidades educativas de determinado alumnado.
- Adoptar unha organización distinta á establecida con carácter xeral.
- Ter como referencia as capacidades xerais recollidas nos obxectivos da etapa, e os contidos esenciais do conxunto das áreas.
- Que alumnado pode formar parte dun PDC?
Alumnado con máis de 16 anos, ou que os cumpran no ano natural en que comence o curso, que cursasen o primeiro ciclo da ESO, e que reúnan as seguintes características:
- Tiveran dificultades xeneralizadas de aprendizaxe en cursos anteriores.
- Recibisen medidas complementarias de adaptación do currículo.
- Que o equipo de profesores o considere oportuno.
- Que a avaliación psicopedagóxica do alumno acredite as circunstancias dos dous primeiros puntos anteriores.
- Que onten coa autorización da inspección educativa.
- Aceptación dos pais e compromiso do alumno.
- Ademais tense en conta o criterio de comportamento do alumno, o seu interese e as posibilidades de obter o título de graduado en ESO.
- Como se organizan as ensinanzas nun PDC?
Por áreas específicas de coñecemento, cun tratamento globalizador. As áreas son:
- Área de ámbito Linguístico. Comprende: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Ciencias Sociais e Xeografía e Historia.
- Área de ámbito Científico: Matemáticas e Ciencias da Natureza.
- Área de Lingua Estranxeira.
- Áreas do currículum común (cun reforzo educativo cando sexa preciso).
- Materias optativas.
- Se un aumno é avaliado positivamente ao remate dun PDC, acada o título de graduado en ESO?
Si.
Arriba
Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva