Dentro do ámbito da orientación cobra moita importancia a orientación académica e profesional. O Departamento de Orientación conta con numerosas obras de consulta, así como folletos e publicacións relativas a titulacións universitarias, ciclos de formación profesional, saídas profesionais, etc; para consulta do alumnado. O alumnado que o desexe pode solicitar, nese departamento, a información que precise.
En vindeiras datas engadiranse a esta páxina máis ligazóns a diferentes organismos para unha información máis específica.
- Hai unha Guía do estudiante, editada pola Consellería de Educación con información exhaustiva sobre o ensino postobligatorio.
- Sitio web do Forum Orienta. Forum celebrado en Santiago destinado á promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta páxina podes atopar información interesante sobre o tema.
- A Comisión Universitaria de Galicia C.I.U.G. é un órgano interuniversitario, común as tres Universidades Galegas que xestiona, entre outras cousas, todo o que rodea ao primeiro acceso a Universidade.
- Páxina con información sobre o catálogo de estudos universitarios: Consulta de Titulacións e Universidades
- Nesta ligazón tés unha completa información sobre a Oferta Formativa da Formación Profesional Inicial
- Nas seguintes ligazóns tés os curriculos dos diferentes ciclos formativos:
- Páxinas da Consellería de Educación con información sobre ensinanzas especiais e educación de adultos
- Páxina da Consellería de Educación que contén o Plan de orientación profesional que inclue moitas ferramentas de cara á inserción no mercado laboral.
Arriba