Medidas organizativas para a atención á diversidade.
Agrupamentos específicos (AE).
- Que son?
- Son unha medida de apoio ordinario ás aprendizaxes básicas que nos permiten produndizar na adaptación do currículo básico da etapa da E.S.O. para alumnado con dificultades de aprendizaxe que teñen posibilidades de alcanzar os obxectivos educativos mínimos da devantida etapa educativa.
- En que cursos e en que materias os hai?
- Neste Centro hainos en 2º e 3º da ESO e nas seguintes materias: Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá e Matemáticas.
- Que alumnado poden formar parte dun agrupamento específico?
- Alumnado escolarizados no primeiro ciclo da ESO e que presentan atraso académico xeralizado ou que, tendo cursado o primeiro curso, non acadara os obxectivos mínimos.
- Tamén pode estar escolarizado no segundo ciclo da ESO sempre que non teña máis de 16 anos ou, excepcionalmente, aquel para o que, aínda tendo esta idade, esta medida se considere a máis apropiada.
- Débese contar coa aceptación dos pais, previa comunicación e información desta medida
- Quen os elixe e cando?
- Os profesores de cada materia nunha reunión ao remate do curso, seguindo criterios de traballo, interese e posibilidades de aproveitamento futuro.
Arriba
Rua do Estudiante s/n · 27800 · Vilalba - LUGO
Tel: 982 512 160 · Fax: 982 523 203 · e-mail:ies.basanta.silva@edu.xunta.es
©IES Santiago Basanta Silva