Apoios na aula. Necesidades educativas especiais. Logopedia.

O profesorado de Pedagoxía Terapéutica desenvolve a súa intervención co alumnado con necesidades educativas especiais, realizando actividades de apoio fóra da aula traballando os obxectivos e actividades sinalados nas adaptacións curriculares propostas para o alumnado.
Así mesmo, co alumnado con dificultades de aprendizaxe, realizan actividades de reforzo educativo, fundamentalmente nas materias de matemáticas e nas linguas galega e castelá.
O profesorado de Audición e Linguaxe traballa con alumnado con dificultades na fala e na linguaxe escrita.