Trece poetas e músicos

Durante o segundo trimestre, os departamentos de Música, Lingua Galega e Lingua Castelá realizaron unha actividade interdisciplinar titulada “Trece músicos e poetas”, que consistiu nunha selección de poemas musicados en diversas linguas (galego, castelán, euskera, catalán, portugués e inglés).

O alumnado do club de lectura (Erica González, Cloe Sacido, Fátima Rey, Matheo Thelem, Aine Freire e Paloma Mas de 1º da ESO; Alba Amigo, Alba Sóñora, Ana Souto, Mar Nieto, Sara Pérez e Carlota Lameiro de 3º da ESO) colaborou no deseño do libro de poemas (portada, letra, cores) e máis na difusión da actividade nas aulas dos dous ciclos da ESO.

Accede ao vídeo de presentación do seu traballo.