Xeral | 20 Xuño 2007 06:19 pm
QUÉ FACEMOS
CONTACTA CON NÓS NO MAIL anpaperegrina@gmail.com
ou no FACEBOOK: http://www.facebook.com/#!/pages/ANPA-A-Peregrina/282455535198817
A ANPA “PEREGRINA” É A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA “EDUARDO PONDAL”.
Deste xeito as nais e pais dos alumnos formamos parte da Comunidade Educativa do Centro, traballando en nome de todos nos seguintes temas:
· Representamos aos pais e nais no Consello Escolar e nas súas Comisións ou grupos de traballo.
· Mellora da convivencia escolar (na Comisión de Convivencia)
· Mellora do funcionamento e instalacións do centro (no Plan de autoprotección do centro ,na Comisión de Libros de texto, na Comisión Económica…)
· Asesoramento de nais, pais e alumnos.
· Colaboramos economicamente para a excursión de fin da ESO.
· Outros.
Así mesmo recordamosvos que a participación das nais e pais é imprescindible para exercer o voso dereito a intervir na xestión do centro e no seu control. Por iso FAITE SOCIO DA ANPA.
Basta con aboar a cantidade de 12 euros por familia e ano, no número de conta que figura no impreso de inscrición que se xunta no enlace seguinte. Premendo neste enlace podedes imprimir o impreso para realizar o pagamento da cuota de socio da ANPA no banco.