RSS para
Artigos
Comentarios

Arquivo para a categoría 'Xeral'

TERTULIA FILOSÓFICA DO MES DE ABRIL

A vindeira sesión terá lugar o XOVES DÍA 25 de abril na BIBLIOTECA do instituto, das 17 ás 18 h.
O tema para a lectura e o debate será: A crítica platónica da democracia.

As lecturas sobre as que se desenvolverá a tertulia serán:
Platón: La República (Ed. Espasa – Calpe, 16ª ed.). Libro II, páxs. 79 – […]

UNHA INVESTIGACIÓN FILOSÓFICA

Como xa debes saber, no canto dos traballos mensuais, podes optar neste último trimestre por facer unha pequena investigación sobre un tema filosófico de libre elección. Como orientación, aquí se te suxiren algún dos temas que podes adoptar para esa investigación, pero tendo en conta que pola túa parte sempre podes propoñer un diferente.
- Calquera […]

TRABALLO PARA O MES DE ABRIL

Este traballo deberá enviarse antes do primeiro venres da semana inmediata posterior ás vacacións (5 de abril).
Segundo xa foi explicado en clase, individualmente ou en grupo pódese escoller facer un breve traballo de investigación a desenvolver durante todo o último trimestre. Nese caso, xa non é preciso que se continúe facendo os traballos mensuais. Nunha […]

Debido ao retraso na convocatoria da anterior tertulia, as tertulias de xaneiro e de febreiro case se tocan. A próxima terá lugar este xoves día 28 de febreiro, das 18 ás 19 h., na biblioteca do centro.
En todo caso, esta proximidade ten ao final unha consecuencia favorable porque na anterior sesión apenas deu tempo de […]

Este exercicio debe ser enviado, como máis tarde, na primeira semana de febreiro.
VIVIR NO FRANQUISMO, VIVIR NA DEMOCRACIA
Na exposición que vés de visitar (Vida cotiá no franquismo II, da Fundación 10 de marzo), puideches comprobar algunhas das características da vida cotiá durante os últimos anos da ditadura franquista. O exercicio que aquí se che propón […]

TERTULIA DO MES DE XANEIRO

SOBRE RELIXIÓN E RACIONALIDADE
Segundo o acordado na última sesión da tertulia filosófica, o tema da seguinte será a relixión, a filosofía e a ciencia, ou o que é o mesmo, o fenómeno relixioso fronte aos saberes racionais. Esta sesión estaba prevista para o xoves día 31 de xaneiro, das 16,30 ás 17,30 h, na biblioteca […]

TRABALLO PARA DECEMBRO

AS IMAXES, A BANDA DESEÑADA E A FILOSOFÍA
Desde Platón (s. IV a. C.), as imaxes non manteñen unha boa relación coa filosofía. Platón situaba á representación icónica (unha forma máis técnica de chamar ás imaxes) no banzo inferior de todos os niveis de coñecemento. Isto quere dicir que, para el, as imaxes eran máis perniciosas […]

Resumo da tertulia de novembro

IDENTIDADE E NEUROCIENCIAS
Nesta sesión da tertulia, practicamente todo o tempo se consumiu na exposición dos contidos dos textos. A conclusión máis notoria con respecto ás cuestións filosóficas, que estamos a afrontar tamén nas clases, é que os neurocientíficos contemporáneos coinciden en xeral na idea de que o dualismo cartesiano é insostible á luz das evidencias […]

A vindeira sesión do Clube de Lectura e tertulia filosófica terá lugar o XOVES DÍA 29 de novembro, na BIBLIOTECA do instituto,
das 18 ás 19 h.
En función do acordado na tertulia precedente, o tema de diálogo e debate seguirá a ser A IDENTIDADE, pero esta vez analizada a partir das contribucións das neurociencias, un dos […]

TRABALLO PARA O MES DE NOVEMBRO

SOBRE O LUGAR DA RELIXIÓN EN RELACIÓN COA FILOSOFÍA E A CIENCIA
Este traballo debe ser realizado durante o mes de novembro, sendo o último día para envialo o venres día 30
Ao longo da historia da humanidade, en todos os pobos e civilizacións atopamos crenzas e institucións relixiosas. É común nas historias académicas da filosofía dicir […]

« Ant. - Seg. »