Anxos en tempo de chuvia

Anxos en tempo de chuvia. M. A. Vázquez Freire. Ed. Xerais. Colección Fóra de Xogo.

Unha noite de sábado. Un accidente de tráfico. Varios rapaces, e unha rapaza, Anxos,morren.

Responsable, estudosa, servicial, non é, segundo seu irmán, o tipo de  persoa que xoga coa súa vida meténdose nun coche con persoas borrachas ou drogadas. Por iso, Moncho non cre o que di o informe policial acerca da influenza do alcohol e as drogas no accidentel. E comeza a súa propia investigación, que lle permite descubrir aspectos da vida de súa irmá que non era quen de sospeitar.