Lecturas interesantes
Leonel. Antón Cortizas. Edicións Xerais. Colección Fóra de Xogo.
Miguel suspendeu un carrado de materias en xuño e os pais "depórtano" á aldea dos seus avós a pasar o verán a fin de que a falta de distraccións o obrigue a estudar.
El resígnase a morrer de aburrimento durante esses dous meses. Pero entre o o seu avó, a figura incorpórea de Leonel e a simpática Ana farán que todas as súas expectativas se vexan trastocadas.
Leonel ten amor, misterio, aventura... En fin, un pouco de todo.