www.iespintorcolmeiro.org[Quen foi Manuel Colmeiro?]
Benvida! / U-lo centro? / Que pretendemos?
ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.es A
s Ferreiras s/n 36540 Silleda (Galiza) 986 580 904 Fax: 986 581 069

 

 

 


Inicio > Saber máis... >

Do ano estrelecido

1 de marzo de 2009

Con motivo da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009, Cibrán Arxibai fainos unha amena e completísima introdución á Astronomía, danos múltiples consellos prácticos para a observación do ceo, a opción de simular viaxes espaciais, de coñecer as orixes desta ciencia e ademais, sen fuxir da polémica, explícanos que a ONU está trabucada!, todo isto e máis neste interesantísimo artigo de para Saber máis... No perdas esta ocasión de viaxar polas estrelas.

Cibrán Manuel Arxibai Queiruga é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de matemáticas no IES Pintor Colmeiro.

 

A Astronomía é unha das ciencias máis antigas e dou orixe a campos enteiros da Física e a Matemática. O primeiro gran libro de astronomía, o Almagesto de Ptolomeo (I d.C.), é tamén o primeiro gran tratado de trigonometría. A astronomía tivo un papel fundamental na nosa comprensión do tempo e o espazo. Forneceu as ferramentas conceptuais para o estudio do espectro da luz, os fenómenos de fusión nuclear e para a procura de partículas elementais. Hai un século apenas tiñamos idea da existencia da nosa propia galaxia, pensabamos que Marte estaba surcado por extraños canais artificiais. Hoxe sabemos que hai centos de millóns de galaxias, dispoñemos de mapas detallados de Marte, tamén descubrimos un verdadeiro zoolóxico de astros e estimamos con bastante precisión a idade do Universo. Hai quince anos non había medios para demostrar que outras estrelas forman sistemas planetarios e hoxe xa están catalogados máis de 330 planetas fóra do noso sistema solar. Por iso a astronomía é unha das ciencias máis actuais.

A ONU mete a pata.

 

 logo do Ano Internacional  da Astronomía

 

Portada do Sidereus Nuncius

Polo comentado no parágrafo anterior está claro que podemos facer un estudio do esencial da ciencia e da súa historia sen máis que seguir os pasos do decorrer da astronomía desde a antigüidade ata os nosos tempos. Pero a Astrononomía non é só unha ciencia. Todas as sociedades crearon mitos e lendas tomando como materia prima os ceos. Estas tradicións impulsaron as observacións astronómicas que á súa vez determinarían o desenvolvemento do saber científico-tecnolóxico, filisófico e o da cultura en xeral. Tendo presente todo isto, a ONU delcarou o ano 2009 como Ano Internacional da Astronomía. O obxectivo principal desta declaración é o de motivar aos cidadáns de todo o mundo a repreantexarse o seu lugar no Universo a través dos últimos 400 anos de descubrimentos astronómicos. Na resolución explican que na elección do ano ríndese homenaxe a Galileo Galilei, quen no 1609 empregou por vez primeira o telescopio para uso atronómico. Pero isto non é certo, Galileo non foi o primeiro.

Efectivamente, o matemático inglés Thomas Harriot (quen por certo é o que introduce o punto como símbolo do produto), adiantárase uns meses a Galileo facendo mapas da Lúa coa axuda dun telescopio. Sen embargo Harriot non publica as súas observacións mentras que Galileo nunha das redacións feitas con máis urxencia de toda a historia científica dá conta dos seus decubrimentos nun pequeño libriño de principios do 1610: o Sidereus Nuncius (A mensaxe sideral). A importancia desta obra reside, entre outras cousas, en que é o primeiro texto que podemos considerar plenamente dentro do ámbito da ciencia moderna polo que nel se dan os ingredientes básicos dunha obra científica. En primeiro lugar, carecer de coñecementos previos e profundos implicaría construir castelos no aire. Non hai lendas máis mentireiras que a da mazán de Newton, ou a dos descoidos de Fleming ou Röetgen no descubrimento da penicilina e dos raios X respectivamente. Galileo xa coñecía o firmamento antes de apuntalo co telescopio. De non ser así non podería saber se o que estaba observando era alguna novidade ou non. En segundo lugar, cando Galileo mira polo telescopio ten na súa mente a teoría heliocéntrica: o Sol é o centro do noso sistema e arredor del xiran todos os planetas. Baixo o marco desta teoría interpreta todas as observacións que fai. Por último relata o que observa e como esas observacións cadran todas coa tese heliocéntrica. Para a época as conclusións son revolucionarias.


MILLLEIROS de estrelas.

As Pleiades segundo  debuxo de Galileo

 

Programa gratuito que mostra imaxes 3D do ceo. Excelente

E que é o que ve Galileo a través do telescopio? El mesmo nolo conta con compelta claridade:

“pintamos as seis estrelas de Tauro denominadas PLEIADES […] encerradas no ceo dentro de estreitísimos límites e xunto ás que se encontran máis de 40 doutras invisibles [a simple vista]

A conclusión deste feito observacional é que co telescopio podemos ver moitas outras cousas que non se ven a simple vista polo que será moi útil para facer novos descubrimentos. Segundo as ideas establecidas no XVII o Universo estaria limitado por unha esfera de estrelas. O descubrimento de centos de novas estrelas lévanos a pensar que non existe tal esfera, incluso que o Universo pode ser infinito. Por esta clase de ideas uns anos antes Giordano Bruno fora queimado póla Inquisición.


A lúa é montañosa.

Debuxos da Lúa orixinais de

Galileo

 

Imaxe da Lúa extraída do Sidereus Nuncius

Aplicación de google para ver a Lúa.

 

“[…] cando a Lúa se nos mostra cos resprandecentes cornos, o límite que divide a parte escura da luminosa non se extende uniformemente segundo unha liña oval, tal e como debería de ocurrir nun sólido perfectamente esférico, senón que se acha trazado por unha liña desigual, áspera e notablemente sinuosa”

Disto Galileo conclúe que a Lúa, como a terra, debe ter vales e montañas. Incluso chega a estimar a súa altura. Hoxe en día esta afirmación non nos produce extrañeza, pero naquel momento significaba un duro ataque ao xeocentrismo, pois esta teoría explicaba que o Universo estaba dividido en dous mundos póla esfera da Lúa. Todo o que está nos ceos é inmutable e está dotado dun movemento natural circular arredor da Terra. Os astros están formados por unha substancia especial, o éter ou quintaesencia que fai deles obxectos eternos e perfectamente esféricos. Sen embargo a Terra está constituída por catro elementos que teñen un movemento natural hacia o abaixo caracterizados por ser cambiantes e corruptibles.Estes elementos son, do máis pesado ao máis lixeiro: terra, auga, aire e lume. Para defender esta tese os astrónomos xesuítas argumentaban que a Lúa estaba rodeada dunha capa invisible de forma esférica. A resposta de Galileo non ten desperdicio:

“”Non che hai dúbida de que se trata unha fermosa obra da imaxinación[…], mais se nos permitimos imaxinar o que nos dea a gana, se outros din que a Lúa se acha rodeada esféricamente por un cristal transparente aínda que invisible, aceptareino de boas con tal de que con igual cortesía se me permita decir que tal cristal posúa na súa superficie un grandísimo número de montañas inmensas e trinta veces maiores cás terrestres, que non podemos ver nós por ser dunha substancia diáfana. Deste xeito poderei imaxinar outra Lúa dez veces máis montañosa cá primeira”

 

 

 

 

 

 


XÚPITER ESTÁ ACOMPAÑADO DOS SEUS AMANTES.

Google Sky é unha ferramenta integrada en Google Earth para viaxar polo Universo.

Aquí tes unha ligazón a unha versión que podes usar sen o Google Earth. (ten a desventaxa de non poder usar o navegador

NOTA: se usas o Google Earth, basta con que premas neste icono da barra dese programa

para que entres na versión Sky. Próbao.

Probablemente de entre todos os decubrimentos do Sidereus Nuncius, o máis espectacular sería o dos catro satélites de Xúpiter. Galileo fai un relato das observacións das lúas de Xúpiter día a día para acabar concluíndo que

“para ninguén pode ofrecer dúbida de que realizan as súas revolucións en torno a el [a Xúpiter]… son máis veloces os xiros dos planetas que describen círculos máis estreitos en torno a Xúpiter”

A imaxe duns satélites orbitando arredor de Xúpiter viña a ser como a dun pequeno sistema solar e permitía rachar coa idea de que todo xiraba en torno á Terra. Galileo chamaríalle a estes satélites planetas mediceos, na honra da familia Médicis, sen embargo o nome actual fai referencia aos amantes do deus Xúpiter na mitoloxía grega: Calisto, Europa, Ganímesdes e Io.


LA DONNA È MOBILE.

Debuxo de Galileo. Na parte inferior vemos as fases de Venus.

Nunha carta do 30 de decembro do 1610 Galieo explicalle ao astrónomo xesuíta Cristóforo Clavio como se pode observar que Venus ten fases, do cal hai que deducir, primeiro, que xira arredor do Sol, e segundo, que os planetas non teñen luz propia. Débese ter en conta que na altura considerábanse aos planetas simplemente como estrelas que se movían, polo que a idea de que os planetas non irradian luz dálles unha naturaleza máis semellante á Terra, do que se podía inferir que os planetas eran corpos que podían ter montañas e unha xeografía sellemante á da Terra. A resposta de Clavius foi ben curiosa: “xa que as cousas son así os astrónomos deberían considerar como poden arranxar as orbes celestes para salvar o xeocentrismo”.

 


A INMACULADA LUZ DO SOL.

Debuxo de Galileo das manchas solares.

  

Aquí tes unha ligazón á competencia do Google Sky feita por Microsoft. Coñecese como a Word Wide Telescope. Tamén é gratuita.

Nos anos seguintes os descubrimentos de Galileo non cesaron nin as polémicas cos seus contrincantes, os xesuítas. O único problema de Galileo foi que as súas razóns eran demasiado sólidas e que as débiles dos seus contrincantes foron respaldadas pola forza policial da Santa Inquisición.

No ano 1613 Galileo comenza un debate co astrónomo xesuíta alemán Chritopher Scheiner, quen observara manchas no Sol a pesar do que defendía a incorruptibilidade do astro argumentando que as manchas son debidas a un conxunto de planetas que se interpoñen entre o Sol e a Terra. Galileo dálle unha resposta maxistral demostrando mediante métodos xeométricos a imposibilidade da teoría de Scheiner. Esta forma de proceder, facendo uso das matemáticas para explicar o mundo físco habría de ser cada vez máis habitual e necesaria para o avance científico. Así o intuía Galileo:

“A filosofía está escrita neste magno libro, o Universo, que permanece continuamente aberto á nosa mirada. […] Este libro está escrito na linguaxe das matemáticas e as súas letras son os triángulos, os círculos e outras figuras xeométricas sen as que é humanamente imposible comprender unha sola palabra del.”

Así que xa sabedes: a estudiar matemáticas e a disfrutar do mundo.

 

SOFTWARE.

VÍDEOS POR UN TUBO

Stellarium

Google Earth

Word Wide Telescope

Celestia

Isuaestella

Poeira das estrelas

Astrored

El cielo del mes.

LIGAZÓNS DO ARTIGO.

OUTRAS LIGAZÓNS

Wikipedia

Ano Internacional da Astronomía

Google moon

Google mars

Caos y Ciencia

Telescopio de Galileo

Vida de Galileo

Istituto e Museo di Storia della Sciencia

Instituto de Astrofísica de Canarias

Astroseti

Spaceandtelescope

NASA

ESA

El País.

El cielo del mes

Astrored

LIBROS DA BIBLIOTECA DO COLMEIRO.

 

HATAWAY, NANCY . El universo para curiorsos. Editorial Crítica.

SAGAN, CARL. Cosmos. Editorial Planeta.

GARCÍA HOURCADE, JUAN LUIS. Copérnico y Kepler. Nivola libros y ediciones.

 

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |14 de febreiro de 2009| IES Pintor Colmeiro