![]() |
Selectividade
|
A seguir tes as normas que rexen as probas de selectividade de lingua galega máis algúns exames.
A estrutura e contido da proba da materia Lingua galega e literatura serán os de anos anteriores. Constará, polo tanto, de tres bloques:
1º BLOQUE : Lectura, comprensión, análise e comentario dun texto. Valorarase con 3 puntos e divídese en dúas preguntas:
2º BLOQUE: Nel faranse tres preguntas de estrutura interna da lingua e unha sobre lingua e sociedade. Cada unha será valorada con 1 punto:
Notariades que nas preguntas 5, 6, e 7 suprimimos a segunda parte (Niveis de coñecemento e uso nos distintos contextos ) porque semellaba que non era esclarecedora. En todo caso estas preguntas forman parte do tema 1 do DCB en que se estuda a historia externa e a situación sociolingüística do noso idioma nos diferentes períodos. 3º BLOQUE: Valorarase cun máximo de 3 puntos. Constará dunha pregunta (a sétima, e última, da proba), que versará sobre literatura, de entre as nove posibles que xa tiña establecidas o anterior Grupo de traballo , e que son as seguintes:
Finalmente temos que sinalar que, como se fixo ata agora, tamén se valorará a corrección lingüística do exame, polo que sobre a cualificación global se poderán descontar ata un máximo de 2 puntos por erros ortográficos. Os erros poderán ser:
OPCIÓN A Insisto no dito por min noutra sesión. Se hai unha cultura específica —coa súa mitoloxía e os seus símbolos— dun pobo labrego, unha cultura diferente da dun pobo de pastores, poño por caso; parece que para pobos diferentes ten que haber un ensino moi diferenciado. Se como tanto e tan ben se dixo aquí, o pobo noso, nós, é un dos pobos do círculo cultural occidental que viven máis o seu ámbito, máis apegados están á natureza, ás formas da paisaxe, e aínda ós temporais, á choiva, á brétema, etc.; o ensino ha de acomodarse a esta disposición máis fonda do espírito do galego. Habemos de saber como é o galego profundo, se se pode dicir así, e buscar un programa de ensino que lle corresponda, e tamén as tarefas que realizou na historia, e o que queremos que haxa de ser no futuro. Penso que sendo nós un pobo agricultor e gandeiro, o ensino ten que conservar esta condición nosa, que por outra banda deunos un status cultural, e sería o máis inútil do mundo destruír isto que aínda existe, e que vai existir, aínda que quizais esnaquizada, no ano 2002. Unha cultura que supón uns comportamentos dados, una riqueza léxica, e unhas crenzas case relixiosas, que van dende as fases da lúa nas que hai que facer semente ou recolleita, ata certos actos máxicos, en relación coa fecundidade do campo e dos rabaños. Como eu coido que o apego do galego á terra, á paisaxe na que el mesmo tanto laborou, na súa adaptación física e mental ó clima de Galicia, son datos positivos, a educación debe valorar esta situación.
Adaptado dunha entrevista realizada a E. Blanco Amor. 1979.
BLOQUE I 1.- Indica cal é o tema do texto e fai unha síntese del. (1 punto) 2.- Fai un comentario crítico sobre as opinións que Blanco Amor expón neste texto. (Mínimo 20 liñas). (2 puntos) BLOQUE II 3.- Indica se é aberta ou pechada a vogal tónica das seguintes palabras: pobo (l. 2), brétema (l. 5) tarefas (l. 7), riqueza (l. 11), apego (l. 14). (1 punto) 4.- Indica o significado que teñen no texto as seguintes palabras: específica (l. 1), mitoloxía (l. 1), brétema (l. 5), esnaquizada (l. 11), fases (l. 12). Non é válida a definición só con sinónimos. (1 punto) 5.- Analiza sintacticamente a seguinte oración: Insisto no dito por min noutra sesión . (1 punto) 6.- O galego entre 1936 e 1975. (Mínimo 15 liñas). (1 punto) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: Interferencias lingüísticas entre galego e castelán. ] BLOQUE III 7.- Movementos de vangarda. Características. Autores e obras. (Mínimo 20 liñas). (3 puntos) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: A poesía galega de vangarda .]
LINGUA GALEGA E LITERATURA OPCIÓN B Querida irmá: Estamos ben todos tres, sans, solteiros e pescando arreo, cadaquén polo seu rumbo, eu de patrón e os outros de mariñeiros, que para o caso é o mesmo. Como eu son decote o que escribo, en nome da rolada, e hai tempo que non o fago, quero contarche o que pasou, máis ben o que me pasou, que ten a súa historia, o seu aquel. Vou polo comezo. Os ianquis implantaron o que deu en chamarse a Lei Seca, contra o feireo e o consumo de bebidas con alcol, o que provocou un contrabando de moito pistón. A nosa xente nunca andou niso. Certo que ás veces, no tanque dalgún viveiro ía camuflada unha garrafa de ron que custaba en Cuba uns catro dólares e podíase vender por vinte nos Estados Unidos, pero os nosos desbotaban tal choio, e só o facían en ocasións moi contadas para cumprir a encomenda dalgún torreiro amigo. Había lerios máis revirados ca ese do ron, e nun deles vinme encerellado sen comelo nin bebelo. Xa che conto. Andaba eu de temoeiro no San Agustín , do que era patrón Xoán Lence, un pillabán da Malata que lle fuxiu ó demo e sábeas todas, ou fai que as sabe, e case chegando a Boca Grande, na Florida, vin vir a todo dar unha lancha de luxo que se encamiñou de par de nós, quero dicir, do noso veleiro. A min non me deu boa espiña. O que a guiaba era un mozote gordecho duns vintecinco anos, cunha longa cicatriz de navalla na fazula dereita. Arrimouse canto puido, chamou ó Lence e pediulle querosina. Falaba con acento floridán.. O noso patrón deulle unha lata redonda, alongada, e non ben a tivo nas mans, o louro liscou a toda mecha. Inda non pasaran dez minutos cando vin que se nos achegaban dúas canoneiras do servizo de gardacostas. Aviseille a Lence desa presenza e contestoume moi foncho que non lle importaba. Iso dicía, mais... Detivéronnos a todos e remolcaron o San Agustín ata o porto de Tampa, onde ficou en corentena. Nós fomos dar á cadea. Como cho conto. A Lence incomunicárono. Na realidade, o que puidera haber de avolto naquilo era cousa del. Nada máis ca del.
Xosé Neira Vilas. Relatos mariñeiros . 2003. BLOQUE I 1.- Sinala a estrutura do texto. (1 punto) 2.-. Partindo do que se di na liña 6, fai un comentario sobre a prohibición da venda e consumo de bebidas alcohólicas. (Mínimo 20 liñas). (2 puntos) BLOQUE II 3.- Localiza no texto un infinitivo que poida poñerse na súa forma conxugada e conxúgao. Sinala tamén unha perífrase verbal que atopes no texto. (1 punto) 4.- Indica un sinónimo de cada unha das seguintes palabras: rolada (l. 4), feireo (l. 6), lerios (l. 11), encerellado (l. 11), cadea (l. 21). (1 punto) 5.- Localiza os pronomes persoais átonos que hai entres as liñas 11 e 16, ambas incluídas, e indica a función sintáctica que desempeñan. (1 punto) 6.- O galego nos medios de comunicación de masas escritos e audiovisuais. (Mínimo 15 liñas). (1 punto) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: O galego estándar .] BLOQUE III 7.- A xeración Nós. Características. Autores e obras. (Mínimo 20 liñas). (3 puntos) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: A literatura na época Nós: Risco e Pedrayo .] ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Exame Setembro 2005
LINGUA GALEGA E LITERATURA
OPCIÓN A
Valentín Lamas Carvajal, xunto con Curros e Rosalía, foi o escritor máis popular do Rexurdimento, o que contrasta co papel secundario que vén ocupando ao lado da tríade formada por «a Rula, o Bardo e o Rebelde». Ademais de consideracións de orde estética, as descualificacións que inicialmente lle dedicou Murguía e unha certa desatención cara á súa produción por parte dos homes da época Nós contribuíron a desprazar ao cego ourensán do lugar preeminente dentro do canon das letras galegas; e isto pese á loanza co que o favoreceron en vida os críticos galegos e a mesma Emilia Pardo Bazán, esta última desde unha posición paternalista, movida polo seu afán de fixar uns límites á literatura galega, a cal, segundo ela, debía manterse no canto primitivista, costumista e sentimental.
Ramón Gutiérrez Izquierdo. Lecturas de nós . 2000.
BLOQUE I 1.- Fai un esquema no que se recollan as ideas principais e secundarias do texto. (1 punto) 2.- Expresa a túa opinión sobre a idea que expresa E. Pardo Bazán de que a literatura galega non debería ir máis aló do “canto primitivista, costumista e sentimental” (Mínimo 20 liñas). (2 puntos) BLOQUE II 3.- Define foneticamente as vogais tónicas de vén (l. 2), formada (l. 2), rebelde (l. 3), orde (l. 3) e letras (l. 5). (1 punto) 4.- Explica o significado no texto das seguintes palabras (non valen só sinónimos): tríade (l. 2), preeminente (l. 5), canon (l. 5), loanza (l. 6), afán (l. 7). (1 punto) 5.- Localiza e clasifica todos os que do texto. (1 punto) 6.- O galego entre 1900 e 1936. (Mínimo 15 liñas) (1 punto) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: As variedades dialectais. ] BLOQUE III 7.- O teatro galego do século XX. Tendencias. Autores e obras. (Mínimo 20 liñas) (3 puntos) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: O teatro galego no século XX. O teatro da época das Irmandades. A posguerra. Propostas nos últimos anos .]
LINGUA GALEGA E LITERATURA OPCIÓN B
Era un mencer de San Xoán. O sol —un sátiro louro— Ela, toda ruborosa, Mollada a súa cabeleira, Nos soutos de Valmiñor Pasou lixeira, lixeira, Díxolles adeus ás rosas Vírana pasar os vales. Todos a viran pasar.
Aquilino Iglesia Alvariño. Corazón ao vento .
BLOQUE I 1.- Ponlle un título a este poema e fai unha síntese del. (1 punto) 2.- Realiza unha reflexión sobre a presenza da natureza na nosa paisaxe e a súa importancia e transcendencia. (Mínimo 20 liñas). (2 puntos) BLOQUE II 3.- Busca as formas verbais que haxa nas dúas primeiras estrofas (liñas 1-6) e indica o seu tempo, modo, número e persoa. Conxuga completos os presentes de subxuntivo de estar e valer e os presentes de indicativo de fuxir e sentir . (1 punto) 4.- No texto faise referencia a diversas paisaxes con árbores. Sinala 10 substantivos que pertenzan ó campo semántico de árbores froiteiras 5.- Analiza sintacticamente o texto da primeira estrofa do poema (liñas 1 a 3). (1 PUNTO) 6.- O conflito lingüístico. Definición, causas e consecuencias. (Mínimo 15 liñas) (1 punto) [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: O conflito lingüístico .] BLOQUE III 7.- Noriega Varela e Ramón Cabanillas. Obras representativas e características da súa escrita. (Mínimo 20 liñas) (3 puntos). [Os alumnos que aprobaron esta materia no ano 2003 ou anteriores deben responder a seguinte pregunta: A literatura no tempo das Irmandades da Fala .]
|
Biblioteca do IES Pintor Colmeiro |
|---|
Mesa pola Normalización |