Departamentos > Tecnoloxía > O Cambio Climático
Todos os cursos, en varias materias, estudamos as fontes de enerxía. Distínguenche sempre entre fontes de enerxía renovabeis (solar, eólica, biomasa, xeotérmica, maremotríz) e non renovabeis (nuclear, carbón, petróleo e gas natural).
Pero, por que esta teima coa enerxía? Ao mellor é porque precisamos a enerxía para todas as actividades que realizamos, o noso corpo precisa enerxía para vivir e as sociedades transforman enerxía para satisfacer todas súas necesidades. Parece que a cuestión enerxética ten importancia, non?
Pero, o uso da enerxía ten consecuencias?, poderemos seguir vivindo do mesmo xeito que até agora nun futuro cercano?. Cando teñas suficiente idade cres que poderás comprar un coche potente e gastar gasolina a tope?, e o máis importante, sabes por que che pregunto todo isto?. Adicaremoslle unhas horas a tentar respostar a estas preguntas e ao mesmo tempo a conseguir o seguinte obxectivo:
Reducir o consumo de enerxía un 10 %no instituto e na casa! respecto ao consumo dos mesmos meses do ano anterior.
Con que obxectivo?. O obxectivo é o de disminuír as emisión de dióxido de carbono e polo tanto o efecto invernadoiro. Así, desde as nosas posibilidades axudar a conter, na medida do posíbel, o cambio climático e preservar o medio ambiente saludábel e sen contaminar.
E como o imos facer?. Informándonos, investigando, tomando medidas concretas e comprobando os resultados.
Actividades:
1. Informándonos. Responde nun parágrafo de entre 3 e 10 liñas as seguintes preguntas:
Podes buscar nas ligazóns seguintes ou outros, en libros na biblioteca...:
- Que queren dicir cando falan de cambio climático?.
- Hai evidencias físicas medibles do cambio climático? Busca unha gráfica destas evidencias, copia e interprétaa. Responde a pregunta, por que é unha evidencia do cambio climático?.
- Que é o efecto invernadoiro?. Fai un debuxo esquemático para explicalo.
- Que é o que produce o cambio climático?. É natural ou inducido polo home?.
- Que efectos terá a medio prazo o cambio climático no mundo?, e en Galiza? .
2. Investigando. Agora xa sabemos algo máis sobre o clima, o seu cambio e as causas que o provocan. Imos buscar as fugas de enerxía para tentar evitalas. Fai as pesquisas precisas para cubrir as seguintes auditorias e realiza as actividades que se plantexan.
| ecoauditoriacasa.pdf | |
| ecoauditoriacentro.pdf |
3. Medidas a tomar. Aporta as túas ideas libremente, pero lembra que queremos medida concretas para aforrar un 10% en electricidade, en calefacción, papel, residuos e auga. En xuño comprobaremos se conseguimos o aforro. Comprométeste a conseguilo? Xogámonos moito, a por eles!
Outras actividades que faremos:
- Visionado do documental "Unha verdade incómoda" dirixido por Al Gore, ex-vicepresidente dos EUA.
- Construción de maquetas de aeroxeradores e dunha central hidraúlica (encénden cunha lámpada).
- Os alumnos de 2º faremos unha campaña de información sobre a recollida selectiva do lixo. Durante o mes de abril.
- Os alumnos de 3º construiremos fornos solares para cociñar co Sol, probabelmente o día do Comelingua.