ies Pintor Colmeiro

Destacamos:

Departamentos > Tecnoloxía > O Cambio Climático > Titores

Queremos reducir o consumo enerxético do centro nos meses que quedan de curso, pero isto é interesante, máis que polo propio aforro, pola creación de hábitos e de actitudes de aforro e de coidado do medio.

Proponse como actividade para realizar nas horas de titoria:

1. Investigar. Realizar unha aditoria da aula e das dependencias do centro que se queira. Hai unha copia na fotocopiadora para os titores que queiran realizar a actividade.

ecoauditoriacentro.pdf
ecoauditoriacasa.pdf (opcional, para alumnos de 1º e 2º de ESO hai preguntas que non saben contestar)

2. Tomar medidas. Ao final do cuestionario que deben respostar os alumnos suxírese que entre todos, mediante un remuiño de ideas, se faga un decálogo de normas para aforrar en: electricidade, calefacción, residuos, auga e papel. É moi conveniente polo tanto para o titor levar preparada unha lista de medidas de aforro para ir guiando a discusión, porén considérase moi importante que os alumnos cheguen a unhas normas que eles mesmos se impoñan e se comprometan a usar. Deben ser as normas que ese grupo creou para eles mesmos.

Pódese incidir en dous feitos:

Páxinas onde informarse sobre:

Outras actividades que faremos desde o departamento de tecnoloxía:

  • Visionado do documental "Unha verdade incómoda" dirixido por Al Gore, ex-vicepresidente dos EUA. Se queres unha copia para mostralla ao alumnos pídella a Xosé Rodríguez.
  • Construción de maquetas de aeroxeradores e dunha central hidraúlica (encénden cunha lámpada).
  • Os alumnos de 2º faremos unha campaña de información sobre a recollida selectiva do lixo. Durante o mes de abril.
  • Os alumnos de 3º construiremos fornos solares para cociñar co Sol, probabelmente o día do Comelingua.
Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |20 de marzo do 2007| IES Pintor Colmeiro