Departamentos > Tecnoloxía > Lei de Ohm
-
A tensión ou voltaxe (V): é a diferenza de enerxía eléctrica por carga eléctrica entre dous puntos dun circuíto.
Mídese en Volts (V). -
A intensidade de corrente eléctrica (I): é o número de electróns que pasan por un punto dun circuíto nun segundo.
Mídese en Amperes (A). -
A Resistencia (R): é a oposición que presenta un material ao paso dos electróns. Segundo a súa resistencia os materiais son: condutores (moi pouca resistencia ao paso da corrente), illantes (moita resitencia ao paso da corrente) e semicondutores (con características intermedias).
Mídese en Ohms.
A lei de Ohm dinos que a voltaxe entre dous puntos é directamente proporcional á intensidade de corrente. A resistencia é a constante de proporcionalidade. |
V=I.R
|
Para axudarte a despexar a magnitude que che interesa podes empregar o triángulo do lado. Tapas a incógnita co dedo e aparéceche a fórmula coas magnitudes á mesma altura (multiplicando) ou a distintas alturas formando unha fracción. |
![]() |
Actividades:
| O voltímetro colócase en paralelo ao elemento no que se quere medir a tensión. | ![]() |
| O amperímetro colócase en serie ao elemento no que se quere medir a corrente que circula por el. | ![]() |
| Fai a simulación dun circuíto cunha lámpada e unha batería de 4.5 V. Para colocar o valor nun elemento fai dobre click sobre o valor e aparece unha fiestra onde podes escoller o valor (lembra que se pos 1 K=1000, 1M=1000000, 1m=0,001...) | ![]() |
1. Coloca un voltímetro e un amperímetro de xeito que poidas ver a tensión e a intensidade na lámpada.
2. Apunta na libreta os valores e calcula emprendo a lei de Ohm a resistencia da lámpada (debes saber que todos os elementos tenhen unha resistencia).
3. Todos os elementos soportan unha potencia máxima. Se superas esta potencia o elemento queimase. Tendo en conta que a potencia é igual P = V.I vai subindo a tensión da batería e atopa cal é a potencia máxima das lámpadas no programa de simulación.



