As materias impartidas polo Departamento de Tecnoloxía no Bacharelato
son as correspondentes á Modalidade de Tecnoloxía:
1º de Bacharelato: Tecnoloxía Industrial
I
2º de Bacharelato: Tecnoloxía Industrial
II, Electrotecnia e Mecánica.
Nestas materias estúdanse contidos tratados nas carreiras universitarias
de enxeñerías (técnicas e superiores)
e arquitectura. Podes
ver aquí un documento que relaciona os contidos destas materias
cos contidos estudiados na universidade.
En determinados ciclos de Formación Profesional de Grao Superior
establécense prioridades de acceso segundo as
materias e modalidades cursadas. 24 especialidades de FP relacionadas
coa actividade tecnolóxica establecen prioridade de acceso para
aqueles alumnos e alumnas que cursaron as materias de Tecnoloxía
Industrial, electrotecnia e mecánica. Podes
ver aquí a relación.
A Tecnoloxía no Bacharelato: Contidos.
As materias de Tecnoloxía Industrial I e II proporcionan coñecementos
básicos sobre o mundo tecnolóxico e os distintos campos da
actividade industrial, para poder analizar o funcionamento, utilización
e forma de control de máquinas e sistemas técnicos, comprender
o desenvolvemento dos procesos tecnolóxicos, e valorar criticamente
as repercusións da actividade tecnolóxica na vida cotiá
e na calidade de vida. Trabállase mediante a resolución de
problemas, simulación, actividades prácticas, y análise
teórica de sistemas.
Tecnoloxía Industrial I (1º Bacharelato)
O proceso e os productos da tecnoloxía: Planificación
e desenvolvemento dun proxecto de deseño, producción e
comercialización dun producto tecnolóxico.
Recursos enerxéticos: Obtención, transformación
e transporte de enerxía. Sistemas técnicos para o aforro
enerxético.
Materiais: Propiedades, obtención e transformación
de materiais de uso técnico.
Elementos de máquinas e sistemas: Sistemas
mecánicos e os seus elementos. Circuítos eléctricos
e electrónicos. Circuítos pneumáticos e oleohidráulicos.
Procedementos de fabricación.
Tecnoloxía
Industrial II (2º Bacharelato)
Materiais:
Ensaios e medidas das propiedades dos materiais. Modificación
e transformación das propiedades dos materiais.
Principios de máquinas:
Motores térmicos, motores eléctricos, circuítos
frigorífico e bomba de calor, potencia, rendemento, etc.
Sistemas automáticos:
Elementos que compoñen un sistema de control: transductores,
captadores e actuadores. Estructura dun sistema automático: entrada,
proceso, saída. Montaxe e simulación de sistemas de control.
Control e programación
de sistemas automáticos: Control lóxico de sistemas,
circuítos dixitais, circuítos secuenciais, control programado.
Circuítos pneumáticos
e oleohidráulicos: Elementos de accionamento, regulación
e control. Circuítos característicos de aplicación.
Automatización.
Electrotecnia (2º Bacharelato)
A
electrotecnia estudia as aplicacións técnicas da electricidade.
O campo disciplinar abrangue o estudio dos fenómenos electromagnéticos
dende o punto de vista da súa utilidade práctica, as técnicas
de deseño e construcción de dispositivos eléctricos
e electrónicos característicos, xa sexan circuítos,
máquinas ou sistemas complexos, e as técnicas de cálculo
e medida de magnitudes neles.
Conceptos e fenómenos
eléctricos e electromagnéticos. Realízase
un repaso das magnitudes eléctricas fundamentais e dos principios
e leis que as fundamentan.
Circuítos eléctricos:
Estudio teórico e práctico dos circuítos de corrente
continua e alterna. Deseño de circuítos.
Máquinas eléctricas:
Transformadores, xeradores, alternadores, motores de corrente continua
e alterna.
Medidas electrotécnicas.
Medida de magnitudes básicas en corrente continua e alterna e
instrumentación.
Mecánica (2º Bacharelato)
A
materia de mecánica trata os fundamentos e funcionamento dos elementos
mecánicos máis significativos de estruturas e máquinas.
Unións e accións
mecánicas: Sistematización e esquematización
das unións e accións mecánicas que se poñen
en xogo en máquinas e estruturas.
Estudio estático
de estruturas e mecanismos: Equilibrio e estabilidade estrutural.
Estruturas con elementos articulados. Estudio estático de mecanismos
planos.
Resistencia de materiais:
Elasticidade e plasticidade dos materiais. Esforzos de tracción,
compresión, cortadura, flexión e torsión en elementos
de máquinas e estruturas.
Estudio cinemático
de máquinas e mecanismos: Movemento plano e relativo
aplicado a máquinas e mecanismos.
Estudio dinámico
de máquinas e mecanismos: Determinación das accións
das forzas sobre máquinas e mecanismos.
Mecánica de
fluídos: Comportamento estático e dinámico
dos fluídos e aplicacións en sistemas e máquinas.