IES Primeiro de Marzo. Baiona
Tecnoloxía
Principal
A Tecnoloxía
 
ESO
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía
Proxectos
 
Bacharelato
Materias e Contidos
 
Optativa 3º e 4º ESO
IP á Mecánica
 
Recursos
 
 

¿Que é a tecnoloxía?

A Tecnoloxía é conxunto de coñecementos e técnicas que, aplicados de forma lóxica e ordenada, permiten ao ser humano modificar o seu entorno material ou virtual para satisfacer as súas necesidades e crear solucións útiles. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais.

Miremos ao noso arredor: todo ese entorno artificial, desde o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario é tecnoloxía: instalación nas vivendas, ordenadores, automóbiles e avións, radios e televisores con pantalla plana, música en formato mp3, películas en DVD, miles de electrodomésticos eléctricos, teléfonos celulares cada vez máis pequenos, os simples bolígrafos, novos materiais, edificios cada vez máis altos, novas formas de xeración de enerxía eléctrica, robots, internet, GPS, correo electrónico, cámaras fotográficas, máquinas automáticas, ...

A tecnoloxía está tomando un papel moi importante nas nosas vidas, vivimos nun mundo artificial que incide e interfire en tódalas nosas accións individuais e colectivas. A área de Tecnoloxía da ESO ten a finalidade de ofrecer ao alumnado unha cultura tecnolóxica global, que lle permita comprender basicamente o entorno tecnolóxico.

 

A ciencia e a tecnoloxía están intimamente relacionadas: a Tecnoloxía utiliza coñecementos científicos, e a ciencia utiliza instrumentos, medios e procesos tecnolóxicos para a investigación. Compleméntase intensamente, pero a motivación, actividade e producto de ambos campos de actividade son substancialmente diferentes:

  Motivación Actividade Producto
Ciencia Ansia de coñecementos Investigación científica
(método científico)
Coñecementos científicos
Tecnoloxía Satisfacción de necesidades ou desexos Desenvolvemento, deseño, execución (método de proxectos) Bens, servizos, métodos e procesos