A Tecnoloxía na ESO: Contidos
Bloques de Contidos tratados nos 4 cursos:

Materiais de uso técnico: propiedades e aplicacións
dos diferentes materiais dos que están fabricados os obxectos. Técnicas
básicas de manipulación para poder construír os proxectos
con diferentes materiais.

Técnicas de expresión e comunicación gráfica:
ferramentas necesarias para a comunicación de ideas e o deseño
de proxectos técnicos. Bosquexo, esbozo, planos, vistas, acotación,
perspectiva, deseño asistido por ordenador.

Estruturas e mecanismos: comprensión
do funcionamento das máquinas e deseño e fabricación
de sistemas sinxelos. Elementos resistentes das estruturas, esforzos,
elementos
transmisores y transformadores do movemento. Sistemas
mecánicos.
Electricidade e electrónica: Coñecemento
dos elementos fundamentais dos circuítos eléctricos e electrónicos
e as súas leis, para poder deseñar e construír circuítos
que cumpran un fin determinado. Corrente eléctrica, circuítos
e os seus elementos, magnitudes e aplicacións. Instrumentación.
Semiconductores, transistores, diodos,
resistencias
fixas e variables, circuítos de control electrónico
analóxicos e dixitais.

Instalacións técnicas: As instalacións
básicas que atopamos nos edificios (eléctrica, calefacción,
auga,
etc.)
Enerxía
e a súa transformación: Fontes de enerxía.
Enerxía eléctrica: xeración,
transporte, distribución
e consumo.
Transformación da enerxía térmica en mecánica:
máquina de vapor, motor
de combustión interna, turbina e reactor. 
Tecnoloxías
da información: Arquitectura e funcionamento dun ordenador,
e utilización do ordenador como ferramenta de traballo e aprendizaxe
das aplicacións informáticas básicas. Hardware
e software, aplicacións ofimáticas, programas de simulación,
control por ordenador.

Tecnoloxías da comunicación: Comunicación
con fíos e sen fíos. Telefonía, radio e televisión.
O espacio radioeléctrico.
Internet
e comunidades virtuais: O ordenador como ferramenta de comunicación.
Deseño web

Control e Robótica: automatismos mecánicos,
eléctricos e pneumáticos.
Sistemas de control electrónico. Control
por ordenador. Robots: Elementos necesarios para que un robot se mova.
Sensores, actuadores e programación.
Tecnoloxía
e sociedade: Influencia da tecnoloxía no desenvolvemento
histórico das sociedades, hitos fundamentais. Análise crítica
do impacto da tecnoloxía no mundo: Desenvolvemento tecnolóxico
sustentábel e responsábel.
|