IES Primeiro de Marzo. Baiona
Tecnoloxía
Principal
A Tecnoloxía
 
ESO
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía
Proxectos
 
Bacharelato
Materias e Contidos
 
Optativa 3º e 4º ESO
IP á Mecánica
 
Recursos
 
 

Iniciación Profesional á Mecánica

A materia de Iniciación Profesional á Mecánica é unha optativa que se pode escoller en 3º ou 4º de ESO.

Obxectivos Xerais

  • Describi–lo funcionamento de mecanismos e máquinas sinxelos, montalos e desmontalos empregando as ferramentas adecuadas para cada operación e analiza–las posibilidades de emprego, manexabilidade, conservación, calidade e formas de control.
  • Empregar adecuadamente a terminoloxía e as formas de expresión propias da linguaxe técnica da mecánica e utiliza–las súas representacións gráficas e simbólicas.
  • Realizar traballos mecánicos sinxelos, partindo da interpretación de debuxos, e valora–la importancia tanto da precisión das medidas para o correcto funcionamento das pezas, como da correcta execución, da orde e da limpeza no traballo.
  • Actuar con autonomía e confianza na manipulación de máquinas sinxelas unha vez comprendido o seu funcionamento e respecta–las normas de seguridade na manipulación de ferramentas e de máquinas.
  • Valorar con ideas e argumentos, aportados polos coñecementos adquiridos, os cambios tecnolóxicos producidos no eido da mecánica e as súas repercusións económicas e sociais.
  • Investiga–lo mundo laboral próximo e coñece–lo conxunto de oficios e profesións relacionados coa mecánica, e extraer conclusións acerca das súas expectativas e posibilidades de traballo.

Bloques de Contidos

  • Medida, verificación e control
  • O debuxo técnico aplicado á mecánica
  • Materiais e procedementos de fabricación
  • Operacións manuais e ferramentas empregadas
  • Mecanismos e automatismos
  • Máquinas–ferramentas
  • O automóbil
  • Orientación profesional