A Tecnoloxía na ESO: Obxectivos
Comprender
conceptos básicos, leis elementais e modelos
primarios da tecnoloxía que lles permitan interpretar, explicar
e precicir o funcionamento de obxectos e de sistemas técnicos
sinxelos.
Resolver
sinxelos problemas tecnolóxicos da vida
cotiá, abordando a súa análise con autonomía
e creatividade e traballando de forma ordenada e metódica
para formular vías de solucións prácticas e
o máis idóneas posibles.
Utilizar
coñecementos e destrezas técnicas para o deseño,
a elaboración simulada e a avaliación de obxectos
e sistemas tecnolóxicos sinxelos, manipulando materiais,
ferramentas e instrumentos con seguridade e hixiene, nun contorno
de traballo agradable e productivo.
Expresar
e comunicar ideas sobre problemas comúns e solucións
técnicas en situacións habituais para o alumnado,
utilizando os recursos gráficos, a simboloxía
e o vocabulario tecnolóxico axeitados para
a súa documentación e formulación en soportes
impreso e informático.
Desenvolver
actitudes de responsabilidade, colaboración e tolerancia
no traballo en equipo para realizar pequenos proxectos
tecnolóxicos sinxelos, participando activamente na toma de
decisións, na execución das tarefas e na avaliación
de resultados cunha disposición aberta, flexible e de respecto.
Integra-los
medios informáticos e as redes dixitais para a formulación
de cuestións e proxectos tecnolóxicos sinxelos, utilizando
os programas informáticos e os servicios da internet para
a documentación e comunicación, a busca e a difusión
da información.
Propiciar
unha actitude de interese e curiosidade cara ás actividades
e ás novas realizacións tecnolóxicas nos distintos
traballos e profesións de distintos ámbitos laborais,
motivando iniciativas de investigación sobre posibles orientacións
vocacionais propias.
Analizar
e valorar criticamente as influencias do desenvolvemento
tecnolóxico sobre a humanidade e o ambiente, identificando
as súas repercusións sobre a organización social
do traballo, do tempo libre e nas actividades de lecer.
|