IES Primeiro de Marzo. Baiona
Tecnoloxía
Principal
A Tecnoloxía
 
ESO
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía
Proxectos
 
Bacharelato
Materias e Contidos
 
Optativa 3º e 4º ESO
IP á Mecánica
 
Recursos
 
 

A Tecnoloxía na ESO: Metodoloxía de Proxectos

O Método de Proxectos ten por obxecto estandarizar os pasos relativos ao deseño e construcción de calquera producto tecnolóxico.
É imprescindible o traballo en equipo, para determinar e repartir tarefas, propiciar un diálogo fluído, xerar situacións de reflexión conxunta, contrapoñer puntos de vista totalmente dispares e chegar a decisións consensuadas por criterios de valoración obxectivos.

Fases básicas do proceso tecnolóxico

  1. Proposta de traballo: Identificación do problema a resolver ou necesidade a satisfacer.
  2. Procura de información: coñecemento dos contidos necesarios para o deseño (mecanismos, electricidade, electrónica, aplicacións informáticas, etc.), bibliografía, internet.
  3. Deseño do producto e elección da solución: bosquexos, esbozos, planos, esquemas, diagramas, etc.
  4. Planificación do traballo: lista de materiais e recursos, distribución de funcións, presuposto, ...
  5. Construcción do prototipo: manipulación de materiais e ferramentas, montaxe de circuítos, utilización de diversas aplicacións informáticas, etc.
  6. Comprobación: compróbase o funcionamento, estructura, etc. Se non funciona tal e como estaba deseñado, vólvese á fase 2 para modificar o deseño naquelas partes que o requiran.
  7. Presentación do producto: Exposición dos prototipos desenvolvidos e do informe técnico.

Recursos utilizados para o deseño e fabricación de proxectos

- Materiais: madeira, plástico, cartón, metais, e obxectos reciclados
- Ferramentas, instrumentación, compoñentes eléctricos e electrónicos, etc
- Ferramentas informáticas: aplicacións ofimáticas (procesador de textos, follas de cálculo, bases de datos en Open Office), programas de simulación de circuítos eléctricos e electrónicos, sistemas mecánicos e circuítos pneumáticos, deseño asistido por ordenador, internet. A aprendizaxe da utilización das aplicacións informáticas realízase en relación con outros contidos do currículo.