IES Primeiro de Marzo. Baiona
Tecnoloxía
Principal
A Tecnoloxía
 
ESO
Obxectivos
Contidos
Metodoloxía
Proxectos
 
Bacharelato
Materias e Contidos
 
Optativa 3º e 4º ESO
IP á Mecánica
 
Recursos
 
 

A Tecnoloxía na ESO: Proxectos

Exemplos de proxectos de 1º de ESO

  • Deseño e construcción dunha caixa: O alumnado debe deseñar e construír a súa propia caixa, aplicando correctamente as normas de debuxo, acotación, etc.
  • Construcción dunha estrutura resistente: Utilizando os coñecementos básicos sobre resistencia e estabilidade das estructuras, o alumnado debe construír unha estructura de papel e cola que sexa capaz de soportar o peso duha persoa sen deformarse. Ver imaxes.
  • Deseño e construcción de obxectos eléctricos: Utilizando os coñecementos adquiridos sobre circuítos eléctricos, o alumnado ha de deseñar e construír distintos obxectos que funcionen con electricidade.

Exemplos de proxectos de 2º de ESO

  • Deseño e construcción dun vehículo cabledirixido: vehículos accionados mediante un motor e polea, e controlados mediante unha chave de cruce.
  • Deseño e construcción de máquinas: Utilizando os coñecementos sobre elementos mecánicos transmisores e transformadores do movemento e dos circuítos eléctricos, o alumnado ten que deseñar e construír unha máquina que sexa capaz de realizar un tipo de movemento. Primeiro se deseña e constrúe a máquina con movemento manual, e despois deséñase un circuíto eléctrico específico para ela. Ver imaxes

Exemplos de proxectos de 3º de ESO

  • Deseño e construcción de diversos circuítos eléctricos e electrónicos que cumpran determinadas funcións, utilizando compoñentes comerciais e de fabricación artesanal.
  • Deseño e publicación dunha web sobre contidos específicos de tecnoloxía.

Exemplos de proxectos de 4º de ESO

  • Circuítos eléctricos e electrónicos. En base aos coñecementos sobre circuítos electrónicos, o alumnado debe montar distintos dispositivos electrónicos e deseñar un sistema de aplicación práctica. Células fotoeléctricas, detectores de temperatura, intermitentes, etc.
  • Intercomunicador de sobremesa: Fabricación dun sistema de comunicación mediante cable telefónico.
  • Robots: Utilizando os coñecementos adquiridos sobre sensores, actuadores e sistemas de control, o alumnado ten que deseñar e construír diversos robots que se comporten segundo as especificacións marcadas.

Exemplos de proxectos de Bacharelato

  • Materiais: Exposición realizada polo alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato sobre os materiais e as súas propiedades e aplicacións, utilizando internet como fonte de información e recopilando obxectos de uso común para a exposición. Ver imaxes
  • Prácticas: Prácticas realizadas para a aprendizaxe dos distintos contidos que se traballan no bacharelato.